Tag Archives: Iolanda Zúñiga

Ler tamén alimenta: Feiraco coa lectura

Hai, ás veces,  empresas privadas sensibles á importancia que a lectura debe ter na sociedade e que articulan campañas sinxelas, pero moi efectivas, destinadas a visibilizar o que se le. Afirmo isto porque descubrín nunha rede social, e un tanto casualmente, unha invitación que a compañía agrogandeira Feiraco estendía aos seus seguidores e seguidoras para que recomendasen lecturas que estaban a realizar, xustamente, no Día do Libro. O resultado é que incorporo abaixo, un panel con  moitos libros galegos, algúns de actualidade, asinados por Miguel Ángel Alonso Diz, Urbano Lugrís, Miguelanxo Prado, Manuel Portas, Ramón Loureiro, Ramón de Valenzuela, Pere Tobaruela, Iolanda Zúñiga, Suso de Toro ou Manuel Rivas,  entre outros. Os meus parabéns por esta iniciativa.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Na categoría Divulgación, Lectura | Coas etiquetas , , , , , , , , , , , , | 2 Comentarios

Dez anos de letras galegas (2002-2012)

Este pasado sábado 5 de xaneiro, no seo da entrega especial do suplemento «Culturas» de La Voz de Galicia, por mor dos seus 500 números publicouse este texto que reproduzo a continuación. Ao tempo tamén se incluíron o que entendo como dez títulos esenciais dunha década, no xénero da narrativa e mais do ensaio, entre outros que ben se poderían escoller, e que incorporarei nun apuntamento posterior.

Hai por volta de dez anos, pouco despois de vivirmos aqueles célebres efectos do cambio do milenio, nas letras galegas vivíase a recente desaparición de Carlos Casares e tamén a do dramaturgo Roberto Vidal Bolaño. Ausencias nunca definitivas pois sempre, afortunadamente, quedan os libros. Non debera converterse este artigo en obituario ningún pero non quixera esquecer que, neste período, tamén nos deixaron, ficando un pouco máis orfos, presenzas ben relevantes na nosa historia cultural máis recente como  son -no que é unha nómina inxusta polos esquecementos- Fernández del Riego, Isaac Díaz Pardo e Marcos Valcárcel, ou poetas de percorrido truncado como Xela Arias e Luísa Villalta.

Xela Arias         Malia todo a vida segue, tamén as letras galegas claro é, nun período talvez con luces e sombras, sobre todo estas últimas por condicionantes de carácter social e económico que pouco axudan a seguir gañando espazos para a promoción e difusión da literatura galega. A imaxinación, aliada coa crenza de que as letras en galego teñen futuro, deparou, por apenas citar dúas propostas, un proxecto como o “culturgal”, cada vez  máis afortalado como convocatoria anual das denominadas industrias culturais, e mais tamén a revista Biblos. Clube de Lectores, sempre fiel á súa cita bimestral e que supón achegar o libro galego a quen lle queira abrir a porta.

       Asemade, ao meu xuízo converxen, nestes dez anos, algunhas liñas de forza  que, na súa medida, contribúen á precisa solidez dun edificio no que cómpren moitas mans mentres que talvez as que deberan non fan todo o que lles correspondería. Entre estas mans encóntranse, quen dubida contemplalas agora como un elemento de normalidade, as das narradoras. Se ben o espertar e mais a incorporación das novelistas resultou sincopado nos derradeiros anos do XX é ben certo que nesta década voces como as de Inma L. Silva, Rosa Aneiros, Iolanda Zúñiga ou María Reimóndez, entre outras moitas, explican unha realidade literaria viva, plural e poliédrica malia –todo hai que dicilo- a súa escasa visibilización.

      A carón, con todo, da dinámica habitual dun sistema literario como o noso no que conviven, afortunadamente, xeracións e estéticas moi diversas, talvez cómpre subliñar tres factores  que apuntan á necesaria fidelización do lectorado: velaí a presenza, ou promoción nalgúns casos, da literatura galega na rede, que vai dando os seus primeiros pasos na comercialización dos seus produtos; a vontade de estabilizar propostas literarias para un público amplo, sustentadas nunha inequívoca calidade literaria como as que asinan, por exemplo, Domingo Villar ou Pedro Feijoo entre outros e, finalmente, a estabilidade e proxección da literatura infantil e xuvenil en lingua galega, tanto no que se refire ao sector autorial –onde apareceron voces realmente significativas que supoñen unha feliz continuidade respecto doutras ben recoñecidas – como ao propiamente editorial e penso, por exemplo, nos recoñecementos obtidos a todos os niveis por Kalandraka Editora.

       E, falando de editoriais, apenas dúas liñas para saudar pequenos proxectos que permiten acceder con garantías a propostas escritas noutros idiomas, entre eles Rinoceronte Editora e a máis recente, pero con resultados excelentes, como é o selo Hugin e Monin. Cómpre, malia todo, ser optimistas, eu son dos que pensan que seguirmos supón unha gran vitoria.

Chuzame! A Facebook A Twitter
Na categoría Crónica, Divulgación, Literatura galega | Coas etiquetas , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , | 2 Comentarios

Manuscrito: Iolanda Zúñiga

Iolanda Zúñiga supón, para min, unha das grandes voces, das máis frescas, desprexuizadas, intensas e anticonvencionais, dos últimos anos da nosa narrativa. Gustei moito de Periferia por iso é unha alegría traer acó un dos escasos testemuños manuscritos que a autora conserva da novela: apenas uns apuntamentos rápidos que quixo recoller por escrito apenas baixar do avión da súa primeira viaxe a  São Paulo, no ano 2008, e que estruturan esquemática e limpamente as claves da devandita novela. Iolanda di que apenas se entende a súa letra «infernal de trazos bipolares»…, eu, ao contrario, compréndoa ben e valoro moito que se incorpore a esta sección: graciñas!

 

Chuzame! A Facebook A Twitter
Na categoría Manuscrito | Coas etiquetas , , | 3 Comentarios

Favelas, de Fernando Alan

Nada sei do fotógrafo Fernando Alan, fóra de ser un fotógrafo de Rio de Janeiro. Na rede dei con algunhas fotos realizadas por el e impactoume esta das favelas que aquí comparto. Faime pensar no magnífico Periferia de Iolanda Zúñiga e suscítame tamén moitas preguntas sobre este tempo que vivimos.

Chuzame! A Facebook A Twitter
Na categoría Fotografía, Opinión | Coas etiquetas , , , | Leave a comment

Letras gallegas en Qué leer, nº 162

 

  CITAS OBLIGADAS PARA EL NUEVO AÑO

Ocupada la crónica del mes pasado con el fallecimiento de Francisco Fernández del Riego, centramos esta página en un breve balance narrativo del año anterior y algunos de los acontecimientos  que se anuncian para este 2011

 

ALGO DE LO MÁS SIGNIFICATIVO

A pesar de que ha sido innegable la disminución cuantitativa en la oferta editorial gallega de este pasado año, me resulta difícil recordar un año en el que hayan coincidido novelas, libros de relatos, poemarios o ensayos de tanta altura e interés. Es imposible aquí abarcar todos los géneros de manera que me ocuparé de cinco destacadas novelas que concitaron el beneplácito de crítica y  lectores.

En narrativa me quedaría con Periferia, de Iolanda Zúñiga, premio Xerais de este año, por su fuerza, su heterodoxia y compromiso y añadiría Todo é silencio, de Manuel Rivas, por su habilidad para tejer un tapiz en el que se ahonda en las tiranías ejercidas desde el poder; no olvidaría tampoco Cabalo de ouros, de Víctor F. Freixanes, por su valor como retorno de un gran narrador con una pulida obra mayor; finalmente incluiría Asasinato no Consello Nacional, de Diego Ameixeiras, por abrir nuevos y exitosos caminos para el género negro y Obediencia, de Antón Lopo, premio García Barros 2010, con el que amplía con acierto las fronteras de la ciencia ficción.

 LO QUE VIENE

[En el aspecto cultural] además de la apertura parcial de la polémica y costosa “Cidade da Cultura” en el Gaiás compostelano, después de más de una década desde el inicio de las obras, concretamente de sus dos primeros edificios dedicados a la biblioteca y al archivo, serán básicamente dos los autores sobre los que girará la atención mediática de este año.

En primer lugar buena parte de las publicaciones previstas se vertebrarán alrededor de Lois Pereiro, figura que como ya avisamos en una crónica anterior, ocupará indudables esfuerzos editoriales al haber sido elegido como homenajeado para el Día das Letras Galegas. De hecho, resulta significativo que ya se encuentren en circulación diversas publicaciones madrugadoras como el estudio del pintor y ensayista Antón Patiño titulado Radiografía do abismo (Espiral Maior) al que añadirá próximamente Dicionario de sombras, sobre idéntico asunto. A esto cabe añadir la reedición a cargo de Edicións Positivas de sus dos poemarios más conocidos y la edición de un inédito titulado Conversa ultramarina: un diario epistolar dirigido por Pereiro a Piedad Cabo. Finalmente, no se puede obviar la espléndida Fotobiografía sonora, a cargo de Ouvirmos, donde el sello lugués incluye un abundante corpus documental y fotográfico que revisa la trayectoria biográfica y literaria de Pereiro a cargo de Xosé Manuel Pereiro, periodista y hermano del poeta, Manuel Rivas, Lino Braxe y Xurxo Souto, junto con dos discos compactos, que recogen música y poesía. No serán, ni mucho menos, las únicas publicaciones sobre el autor monfortino, como iremos viendo a lo largo de este año.

 Otro de los personajes literarios  de quien se hablará, y mucho, este 2011 será del escritor mindoniense Álvaro Cunqueiro, de quien se celebra el centenario de su nacimiento, como se celebrará en el 2012 el centenario de Celso Emilio Ferreiro.  Por lo menos están proyectadas, de la mano del Consello da Cultura Galega, un conjunto de ambiciosas actividades entre las que destacan un congreso que tendrá lugar en el mes de septiembre, además de lecturas dramatizadas y un nuevo montaje de la pieza teatral O incerto señor don Hamlet.

Chuzame! A Facebook A Twitter
Na categoría Crónica | Coas etiquetas , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , | Leave a comment