-
Lista de ligazóns (blogroll)
- A canción do náufrago
- A noite branca
- A sega
- Alvarellos Editora
- As crebas
- As escollas selectivas
- Asociación de Escritores en Lingua Galega
- Biblos
- Blog Centenario Francisco Fernández del Riego
- Blog de Agustín Fernández Paz
- Blog Galaxia
- Blog Kalandraka
- Blog Toxosoutos
- Blog Trifolium
- Blog Xerais
- Bouvard e Pécuchet
- Brétemas
- Cabaret Voltaire
- Cabrafanada
- Carta Xeométrica
- Ferradura en tránsito
- Fervenzas literarias
- Ler e ver
- O levantador de minas
- O porto dos escravos
- Trafegando ronseis
- Un ollo de vidro
- Web Celso Emilio Ferreiro
-
Álvaro Cunqueiro "Culturas" Agustín Fernández Paz Baldo Ramos Biblos Celso Emilio Ferreiro Claudio Rodríguez Fer Consello da Cultura Galega Edicións Xerais Edicións Xerais de Galicia Editorial Galaxia Entrevista Espiral Maior Faktoría K de Libros Fran Alonso Francisco Castro Galaxia IES Valadares Iolanda Zúñiga Kalandraka Laiovento La Voz de Galicia La Voz en Espiral Letras Galegas Lois Pereiro Luís Ferreiro Manuel Bragado Manuel Rivas Manuscrito manuscritos María Reimóndez Marcos Calveiro Miro Villar Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro Poesía Qué leer Roberto Vidal Bolaño Rosalía de Castro Toxosoutos Trifolium TVG Valentín Paz Andrade video Vigo Xerais Adianto editorial (2)
Adianto reseña (1)
Álbum ilustrado (47)
Antoloxía (1)
Apuntamento (1)
Arte (3)
Artigo (6)
Banda deseñada (4)
Biografía (16)
Blogue (9)
Booktrailer (1)
Catálogo expositivo (4)
Celso Emilio Ferreiro (164)
Cine (6)
Club de Lectura (3)
Convocatoria (31)
Crítica (23)
Crítica literaria (289)
Crónica (79)
crowdfunding (1)
Curso (3)
Día das Letras (40)
Divulgación (187)
Docencia (2)
Documental (4)
Editorial (5)
Efeméride (23)
Ensaio (99)
Entrevistas (51)
Exposición (2)
Faladoiro (4)
Fotografía (7)
Gastronomía (2)
guión (1)
Historia (2)
Homenaxe (13)
Ilustración (2)
Inédito (1)
internet (4)
Lectura (5)
Libro ilustrado (5)
Libro lecer (3)
Lingua galega (1)
Literatura (21)
Literatura galega (25)
Literatura infantil (27)
Literatura xuvenil (16)
Manuscrito (105)
Música (14)
Narrativa (128)
Necrolóxica (1)
Noticia (24)
Noticia literaria (13)
Novela (13)
Novela gráfica (5)
Novidades editoriais (16)
Obituario (1)
Opinión (68)
Poesía (145)
Premio (43)
Presentación (23)
Programa radiofónico (13)
Promoción da lectura (4)
Recomendacións (1)
Recursos didácticos (8)
Reedición (2)
Relatos (7)
Reportaxe (1)
Revista (18)
Roberto Vidal Bolaño (2)
Romanceiro (1)
Sen clasificar (6)
Teatro (11)
Televisión (6)
Textos (3)
Tradución (42)
Unidade didáctica dixital (1)
Valentín Paz Andrade (12)
Varios (30)
Vendas (1)
Video (73)
Video promocional (3)
Xornalismo (9)
WP Cumulus Flash tag cloud by Roy Tanck and Luke Morton requires Flash Player 9 or better.
Meta
Tag Archives: La Voz de Galicia
Dos premios AELG e do Día das Letras (entrevista en La Voz de Galicia)
As páxinas de Lecer e Cultura de La Voz de Galicia acollen hoxe unha entrevista que Xesús Fraga me realizou ao fío dalgúns asuntos recentes baixo o titular de «O Día das Letras non debe limitarse a un ano. O crítico avoga por implicar máis á sociedade civil para estender as actividades». Velaquí o diálogo e o meu agradecemento pola atención.
Ramón Nicolás, crítico literario que exerce o seu labor no suplemento Culturas de La Voz, vén de ser distinguido nos premios da AELG polo seu blog, Caderno da crítica, e a súa biografía de Celso Emilio Ferreiro.
-Os blogs mudaron moitas cousas no panorama editorial. ¿Como o utiliza un crítico?
-Mudárono, en efecto, aínda que talvez un tanto relativamente porque non se pode falar de xeneralización deste soporte, malia que cada día é maior o número de persoas que se asoman á rede para se informar pois xa foron educados nas súas potencialidades, no seu doado acceso e na súa inmediatez. No que atinxe á crítica, e especificamente a do libro galego, esta é unha batalla na que hai que estar e que non se debe perder, e mesmo coido que goza dunha saúde que está á vangarda do que se fai preto de nós.
-A súa biografía de Celso Emilio está a ter moi boa acollida…
-A acollida foi e é tan fabulosa que nin nas mellores expectativas o sospeitaría hai menos dun ano. Alégrome, sobre todo, porque co galardón se me posibilita agradecer a confianza dos lectores, e tamén a que me prestaron Xerais, a Fundación Celso Emilio Ferreiro e moitas persoas próximas. Tamén porque entendo que a biografía é un libro colectivo, que creei a partir de xenerosas achegas de persoas que compartiron a súa memoria comigo para trazar, no posible, un perfil actualizado de Celso Emilio Ferreiro.
-Falta pouco para o 17: ¿como prolongar o espírito do Día das Letras e o interese pola literatura galega?
-O Día das Letras non pode, nin debe, circunscribirse a un mes, nin, ao meu ver, a un ano. A experiencia levada a cabo desde a Fundación Celso Emilio Ferreiro o ano pasado para sumar vontades que conflúen no interese de difundir a memoria e o legado de Celso Emilio conduciu facilmente a estender as actividades ao longo de todo un ano, e mesmo máis alá. Neste sentido cómpre implicar máis á sociedade civil con diferentes estratexias, e hainas.
Manuscrito: Inma López Silva
Inma López Silva, tras pasar por esta bitácora hai pouco tempo, achega xenerosamente a esta sección uns apuntamentos manuscritos vinculados co seu labor como articulista de opinión e que cristalizarían nun artigo xornalístico para La Voz de Galicia, publicado o 14 de agosto de 2012 baixo o título de «Ser Rusia» (pódese ler na súa versión dixital premendo aquí).
Loxicamente a versión definitiva non é igual á que agora se presenta pois a que abaixo se reproduce resulta moito máis longa e menos elaborada, constituíndo o que se adoita denominar como unha primeira versión.
No que se refire aos hábitos de escrita, Inma López Silva faino directamente no ordenador: «ás veces a modo de apuntamentos, outras redactando dun xeito máis elaborado. Adoito ter múltiples arquivos abertos con proxectos literarios, e aí os vou pondo». Ao mesmo tempo a escritora radicada en Vigo emprega «cadernos, sobre todo para cando non estou na casa, que levo sempre no bolso. Aí adoito escribir, tamén, apuntamentos, títulos posíbeis, puntos de partida, etc. Son bastante anárquica, a verdade. E non sempre escribo as ideas en canto me veñen. Non sei se fago ben ou mal, pero tendo a pensar que as boas ideas só son realmente boas se volven. Así que as que quedan fixadas estiveron polo menos un par de veces na miña cabeza…».
Sinfonía atlántica, de VV.AA. (edición de Carlos Clementson)
Sinfonía atlántica (edición de Carlos Clementson)
Eneida, Madrid, 800 páxinas, 28 euros.
Eneida, selo editorial radicado en Madrid, faime chegar, a través do editor Lur Sotuela, quen ademais vén de publicar un suxestivo libro de relatos baixo o título de Alucinario, un exemplar de Sinfonía atlántica: unha monumental antoloxía en versión bilingüe galego-castelá da nosa poesía de todos os tempos.
Eneida vén amosando, desde hai tempo, un inequívoco interese arredor da nosa literatura pois no ronsel desta publicación que hoxe me ocupa cómpre lembrar a edición do volume Das sonorosas cordas. 15 poetas desde Galicia, editado en 2005 baixo a responsabilidade e bo facer de Olivia Rodríguez González; o volume Escrita Luz, unha antoloxía persoal de Cesáreo Sánchez Iglesias, ou o recente monográfico dedicado á nosa poesía na revista El invisible anillo (número 16) que se comentou nas páxinas deste mesmo suplemento.
O responsable deste proxecto case oceánico, Carlos Clementson -profesor, poeta e tradutor-, coido que cumpre á perfección o labor que lle corresponde como antólogo, tradutor e estudoso da nosa poesía. Non é doado, abofé, compendiar o máis granado da nosa produción lírica desde os tempos dos trobadores medievais até as voces do que denominamos entre nós “xeración dos oitenta”, que o límite no que esta antoloxía se detén. Estas voces escollidas aparecen, asemade, prologadas a través dunhas páxinas limiares que percorren, exhibindo un diálogo vizoso con outras achegas analíticas previas, as raíces do lirismo galego-portugués e os seus resultados poéticos, pasando pola recuperación da conciencia cultural de noso ou a pegada do Rexurdimento para se abeirar, finalmente, cara ao que denomina “poesía galega contemporánea”. Para todo isto constrúe o editor unha sorte de pequenos ensaios bio-bibliográficos e valorativos de recomendable lectura tanto para o lector galego como para quen on o e quere coñecer ou revisar os textos poéticos que tamén nos constrúen.
Esta Sinfonía atlántica vén sendo, como o seu título sinala, unha sinfonía de palabras alicerzada desde as voces poéticas de todos os tempos no que se entende un trazo inequívoco da nosa propia identidade. Ollada globalmente fai medrar de novo, malia as ausencias -dentro das que a voz de María Xosé Queizán creo que é clamorosa-, orgullo pola existencia dunha tradición poética vizosa, perdurable no tempo e hoxe, malia todo, felizmente viva. Clementson di no seu limiar que perseguiu erixir, consciente de compoñer unha escolma subxectiva e persoal, unha antoloxía non «secamente erudita e académica» senón «de amable e gustosa lectura». Teño para min que o conseguiu.
Esta recensión publicouse baixo o título de «Un compendio da nosa poesía» no suplemento «Culturas» de La Voz de Galicia, o 9 de marzo de 2013.
Costa do Solpor, de Xosé María Lema
Costa do Solpor
Xerais, Vigo, 2012, 664 páxinas, 24 €
Non podo obviar que non quedase un tanto sorprendido con esta densa novela por varias razóns, e unha delas ten que ver con quen a subscribe pois sabía do labor que viña exercendo desde hai anos o profesor Xosé María Lema, nomeadamente nos ámbitos da lexicografía, da historia da arte, da onomástica ou mesmo da etnografía, nos que salienta por dereito propio como un recoñecido especialista, mais ignoraba as súas habilidades como narrador, e como narrador de longo alento, tal e como testemuña este Costa do Solpor que, ademais, foi finalista do premio Xerais de novela na convocatoria do 2011 competindo, entre outros orixinais, con Os fillos do mar, de Pedro Feijoo ou con Extramunde, de Xavier Queipo, peza esta última que resultaría gañadora.
Con todo, que Xosé María Lema fose autor inédito nestas lides, cando menos publicamente, pouco relevante resultaría a non ser que a súa formación e dedicación explica, e de maneira moi convincente, o coidado minucioso depositado na ambientación e contextualización da novela que comeza a se distribuír estes días. Mais se todo fose perfección nesta dimensión –tamén palpable nunha escolla léxica vivísima- axiña esmorecería o seu interese se non se idea ao tempo un argumento con forza propia, se non se constrúen con convicción e singularidade uns personaxes e, por suposto, se non se concibe unha estrutura acaída para o efecto…, e todo isto o atesoura Costa do Solpor pois é quen de internar rápida e efectivamente a quen se achegue á súa lectura ao que particularmente vexo como un compendio do mellor das novelas clásicas de aventuras – penso sobre todo nos modelos da literatura inglesa e particularmente no proposto por Stevenson- ao que engade unha intelixente e rendible “galeguización” en canto espazos e personaxes, suturándoo cos motivos presentes na vida cotiá de mediados do século XVIII nos ámbitos costeiros e mariñeiros de noso.
No fondo da proposta salienta, ao meu ver, a recreación literaria dunha liña recorrente que enchoupa a totalidade do texto e que cifro na loita pola supervivencia nun tempo no que se recrea, con fidelidade, o mundo da pirataría, pero non só. Para este obxectivo recórrese, inicialmente, ao recurso do manuscrito escrito en inglés que se integra na novela coma se fose unha tradución, xestándose así con naturalidade tanto a precisa sensación de distanciamento respecto do relatado como a necesaria procura de verosimilitude, algo que apoia a multitude de notas explicativas a rodapé.
Tarefa imposible é a de nin sequera sintetizar un argumento que, en esencia, se nuclea arredor da viaxe de retorno dunha goleta inglesa cargada cun tesouro e que recala nunha ría da chamada Costa do Solpor. Ese fío será o que permita que coñezamos personaxes de pegada indeleble como Squire Trelawney, o Tiopa, o Dr. Livesey ou outra voz narradora, representada en Jim Hawkins, responsables os últimos de que saibamos da existencia da Confraría da Man Morta, de René de Saint-Syr ou de Jim e Mariña, que contribuirán á resolución trepidante dun conflito que, na parte final, adopta ao meu ver certo sesgo de novela xuvenil que completa ou reorienta o espírito inicial da mesma.
Hai pasaxes salientables nesta proposta, cheas de plasticidade e de forza impresionante, como –escollo dúas- un relato posto en boca de John Silver ou a descrición de naufraxios, tempestades ou persecucións onde abrolla con transparencia o xenio creativo dun autor que, se non entendín mal, manifestou que probablemente non volvería transitar estes eidos da prosa. Fago votos para que reformule esta intención pois este Costa do Solpor atesoura méritos dabondo e constata a chegada dun narrador de gran forza.
Esta recensión, con mínimas variantes, publicouse baixo o título de «Aventura en estado puro (e algo máis)» nas páxinas do suplemento «Culturas» de La Voz de Galicia, o 9 de febreiro de 2013.






