-
Lista de ligazóns (blogroll)
- A canción do náufrago
- A noite branca
- A sega
- Alvarellos Editora
- As crebas
- As escollas selectivas
- Asociación de Escritores en Lingua Galega
- Biblos
- Blog Centenario Francisco Fernández del Riego
- Blog de Agustín Fernández Paz
- Blog Galaxia
- Blog Kalandraka
- Blog Toxosoutos
- Blog Trifolium
- Blog Xerais
- Bouvard e Pécuchet
- Brétemas
- Cabaret Voltaire
- Cabrafanada
- Carta Xeométrica
- Ferradura en tránsito
- Fervenzas literarias
- Ler e ver
- O levantador de minas
- O porto dos escravos
- Trafegando ronseis
- Un ollo de vidro
- Web Celso Emilio Ferreiro
-
Álvaro Cunqueiro "Culturas" Agustín Fernández Paz Baldo Ramos Begoña Caamaño Biblos Celso Emilio Ferreiro Claudio Rodríguez Fer Consello da Cultura Galega Edicións Xerais Edicións Xerais de Galicia Editorial Galaxia Entrevista Espiral Maior Faktoría K de Libros Fran Alonso Francisco Castro Galaxia IES Valadares Iolanda Zúñiga Kalandraka Laiovento La Voz de Galicia La Voz en Espiral Letras Galegas Lois Pereiro Luís Ferreiro Manuel Bragado Manuel Rivas Manuscrito manuscritos María Reimóndez Marcos Calveiro Miro Villar Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro Poesía Qué leer Roberto Vidal Bolaño Rosalía de Castro Toxosoutos Trifolium TVG Valentín Paz Andrade video Xerais Adianto editorial (2)
Adianto reseña (1)
Álbum ilustrado (48)
Antoloxía (1)
Apuntamento (1)
Arte (3)
Artigo (6)
Banda deseñada (4)
Biografía (16)
Blogue (9)
Booktrailer (1)
Catálogo expositivo (4)
Celso Emilio Ferreiro (164)
Cine (6)
Club de Lectura (3)
Convocatoria (31)
Crítica (23)
Crítica literaria (291)
Crónica (79)
crowdfunding (1)
Curso (3)
Día das Letras (40)
Divulgación (188)
Docencia (2)
Documental (4)
Editorial (5)
Efeméride (23)
Ensaio (100)
Entrevistas (51)
Exposición (2)
Faladoiro (4)
Fotografía (7)
Gastronomía (2)
guión (1)
Historia (2)
Homenaxe (13)
Ilustración (2)
Inédito (1)
internet (4)
Lectura (5)
Libro ilustrado (6)
Libro lecer (3)
Lingua galega (1)
Literatura (21)
Literatura galega (25)
Literatura infantil (28)
Literatura xuvenil (16)
Manuscrito (106)
Música (15)
Narrativa (128)
Necrolóxica (1)
Noticia (24)
Noticia literaria (13)
Novela (13)
Novela gráfica (5)
Novidades editoriais (16)
Obituario (1)
Opinión (68)
Poesía (147)
Premio (43)
Presentación (23)
Programa radiofónico (13)
Promoción da lectura (4)
Recomendacións (1)
Recursos didácticos (8)
Reedición (2)
Relatos (7)
Reportaxe (1)
Revista (18)
Roberto Vidal Bolaño (2)
Romanceiro (1)
Sen clasificar (6)
Teatro (11)
Televisión (6)
Textos (3)
Tradución (42)
Unidade didáctica dixital (1)
Valentín Paz Andrade (12)
Varios (30)
Vendas (1)
Video (73)
Video promocional (3)
Xornalismo (9)
WP Cumulus Flash tag cloud by Roy Tanck and Luke Morton requires Flash Player 9 or better.
Meta
Tag Archives: La Voz en Espiral
Adeus a La Voz en Espiral
La Voz en Espiral
conclúe a súa andaina tras dous anos de emisión. Un proxecto que naceu para promocionar a poesía, en todas as linguas, a través de Radio Forum, en Mérida, mercé á iniciativa dos galegos Suso Díaz e MariPaz Paz. Lamento profundamente a desaparición desta cita semanal que gozaba de tan boa saúde a través da súa difusión na rede. Vaise o programa mais quedan os amigos. Até sempre.
Ruído de fondo, de Daniel Salgado
Ruído de fondo
Xerais, Vigo, 48 páxinas, 12,60 €
Poesía que arregaña os dentes é esta de Daniel Salgado, e ben preciso destas intervencións estamos. Ruído de fondo encádrase entre paratextos que van de Dante até Hölderlin e nos poemas dialógase con Badiou, Eagleton, Ballard ou Walter Benjamin. Salgado descende aos infernos, ou se cadra tan só os outea desde a precisa distancia para adquirir unha perspectiva que posibilite ir espellando alertas sobre a realidade caótica, a desorde -tamén na formulación estrutural- e o balbordo do tempo presente; e faino a través dun discurso quebrado, fragmentario, á busca na periferia daquilo «que non se debe contar», desde o cuestionamento da propia instancia autorial e poética para acadar estes obxectivos.
Peregrinan nestas páxinas fábricas e obreiros; violencia e angustia, escravitudes e consignas, abismos e destrución; enxurradas de luz a iluminar, posiblemente, a escuridade e o ignoto; a pedra e mais o corpo, a linguaxe e a poesía pois vén sendo «na impotencia / onde se resolve o poema»: un poema que combustiona, que arde mais non desaparece totalmente pois nos rescaldos seguen a crepitando eses ruídos que persisten. Bo é que se repare neles.
PD. No programa poético La Voz en Espiral, de Radio Fórum (Mérida), Suso Díaz, MariPaz Paz e mais eu dialogamos sobre este libro. Nesta páxina do programa pódese escoitar a conversa a través dun podcast.
Paz Andrade en La Voz en Espiral
Este pasado martes, 15 de maio, os amigos Suso Díaz e Maripaz Paz, desde Radio Fórum de Mérida e no seo do programa dedicado á poesía «La Voz en Espiral» centraron a última metade do programa, como era de regra, en Valentín Paz Andrade. Aí dialogamos, nesta ocasión en galego, sobre o seu perfil biográfico, leuse algún poema e mais falamos sobre ese libro acabado de aparecer, Poesía completa, da man de Xerais e do profesor Gregorio Ferreiro Fente, que redimensiona a faceta creativa do escritor do Lérez. Deixo aquí o programa para quen lle interese. Feliz, e reivindicativo, Día das Letras.
Baldo Ramos, en La Voz en Espiral
Este pasado martes dialoguei con Suso Díaz, na última media hora de emisión do programa semanal de La Voz en Espiral, arredor da traxectoria poética de Baldo Ramos e do seu último libro Os ollos das palabras. Deixo aquí, para quen lle interese, o podcast do programa.
A poesía de Olga Novo, en La Voz en Espiral
Onte martes emitiuse unha nova entrega de La Voz en Espiral, programa radiofónico que ofrece Radio Fórum, de Mérida, centrado na divulgación da poesía e onde, cada tres semanas participo falando de autoras e autores galegos. Nesta ocasión, ao fío da publicación de Cráter, de Olga Novo, dialogamos con Suso Díaz e Maripaz Paz sobre o que supón este libro e a súa achega poética, alén de ler un par de composicións do devandito, e recomendable, libro.
Velaquí o podcast de todo o programa, que entrevistou inicialmente ao poeta David Benedicte.

