-
Lista de ligazóns (blogroll)
- A canción do náufrago
- Alvarellos Editora
- As crebas
- As escollas selectivas
- Asociación de Escritores en Lingua Galega
- Biblos
- Blog Galaxia
- Blog Kalandraka
- Blog Toxosoutos
- Blog Trifolium
- Blog Xerais
- Bouvard e Pécuchet
- Brétemas
- Cabaret Voltaire
- Cabrafanada
- Carta Xeométrica
- Ferradura en tránsito
- Fervenzas literarias
- La Voz en Espiral
- Ler e ver
- O levantador de minas
- O porto dos escravos
- Pez de plata
- Trafegando ronseis
- Un ollo de vidro
- Web Celso Emilio Ferreiro
-
Álvaro Cunqueiro Agustín Fernández Paz Alvarellos Editora Antonio García Teijeiro Baldo Ramos Biblos Buenos Aires Cabalo de ouros Celso Emilio Ferreiro Claudio Rodríguez Fer Consello da Cultura Galega Despois da medianoite Diego Ameixeiras Edicións Xerais Edicións Xerais de Galicia Editorial Galaxia Espiral Maior Faktoría K de Libros Fran Alonso Francisco Castro Galaxia Iolanda Zúñiga Kalandraka Laiovento La Voz en Espiral Letras Galegas Lois Pereiro Longa noite de pedra Manuel Rivas María Reimóndez María Xosé Queizán Marcos Calveiro Miguel Anxo Fernán-Vello Miro Villar Periferia Qué leer Radio Fórum Rosalía de Castro Salma Toxosoutos Trifolium Víctor F. Freixanes Valentín Paz Andrade video Xerais Álbum ilustrado (27)
Arte (1)
Biografía (11)
Blogue (4)
Catálogo expositivo (4)
Celso Emilio Ferreiro (62)
Cine (2)
Convocatoria (17)
Crítica (11)
Crítica literaria (160)
Crónica (68)
Día das Letras (28)
Divulgación (37)
Docencia (1)
Efeméride (15)
Ensaio (68)
Entrevistas (21)
Exposición (2)
Faladoiro (1)
Fotografía (4)
Gastronomía (2)
guión (1)
Homenaxe (6)
Ilustración (1)
internet (3)
Libro lecer (2)
Literatura (9)
Literatura infantil (16)
Literatura xuvenil (9)
Música (4)
Narrativa (83)
Noticia (11)
Noticia literaria (9)
Novela (3)
Novela gráfica (3)
Novidades editoriais (12)
Opinión (38)
Poesía (86)
Premio (17)
Presentación (6)
Programa radiofónico (11)
Recursos didácticos (4)
Reedición (2)
Relatos (3)
Revista (13)
Romanceiro (1)
Sen clasificar (3)
Teatro (5)
Televisión (5)
Textos (3)
Tradución (31)
Valentín Paz Andrade (11)
Varios (19)
Video (41)
Video promocional (3)
Xornalismo (6)
WP Cumulus Flash tag cloud by Roy Tanck and Luke Morton requires Flash Player 9 or better.
Meta
Tag Archives: Lois Pereiro
Marcos Calveiro: Os personaxes mandan («Letras Galegas» en Qué Leer, nº 173)
Marcos Calveiro: «Os personaxes mandan»
Poeta, biógrafo, responsables de novelas de fondo histórico para adultos e destacado autor da literatura xuvenil galega fálanos dos seus proxectos e das súas últimas obras.
Marcos Calveiro (Vilagarcía de Arousa, 1968) exerce a avogacía na cidade de Vigo, onde vive, compaxinando este labor coa literatura. En narrativa para adultos destacan as súas novelas Festina lente e Settecento e no ámbito da literatura xuvenil colleitou numerosos éxitos en forma de galardóns literarios e unha indiscutible aceptación entre o lectorado. Neste último xénero destacan, entre outros, O carteiro de Bagdad, O pintor do sombreiro de malvas ou, o máis recente, Centauros do deserto (Rodeira/Edebé), co que conseguiu o premio Raíña Lupa.
Realizou unha orixinal biografía de Lois Pereiro este ano pasado. Que supuxo para vostede este traballo?
Era a primeira vez que aceptaba un encargo e ademais dunha obra de non ficción. Foi o maior reto ao que me enfrontei como escritor, o de maior responsabilidade e tamén o que máis me cambiou, sobre todo como persoa. E iso que ao final, desesperado pola miña propia incapacidade, fixen algo de trampa e a obra saíu con moita ficción.
O seu O pintor do sombreiro de malvas, co que conseguiu numerosos premios, segue reeditándose. Cal cre que foi clave do seu éxito?
Supoño que a emoción. Unha historia emotiva e emocionante polo que me comentan os lectores. Unha historia na que tiven un guía extraordinario que nunca volverei ter: o propio Van Gogh coas súas palabras e os seus cadros. Gran parte do éxito débolla a el, á súa sensibilidade como artista e como persoa.
Centauros do norte foi a súa última publicación. Que pesa máis nela: a revisión histórica, o cinema, a acción?
O pasado, a miña propia memoria de infancia: a dun neno que quedaba pasmado diante do televisor vendo un western tras outro. O Sétimo de Cabalaría, Xerónimo, o xeneral Custer, o derradeiro mohicano, Shane, o Mississipi, as dilixencias, Grupo Salvaxe, a febre do ouro, Liberty Valance…
Reclamou con frecuencia a relevancia da literatura infantil e xuvenil galega, por que?
As cifras e os datos, ás veces fríos, avalan neste caso a miña reclamación: a LIX é o máis traducido, exitoso, e premiado da literatura galega, pero aínda non se lle dá a importancia que debería ter. Só hai que ver a repercusión nos medios de calquera premio ou publicación de LIX para decatarse da súa escasa relevancia social en moitos casos. Cando publiquei a miña primeira novela para público adulto houbo moitos que descubriron que era escritor, cando xa levaba varias obras de LIX publicadas e premiadas.
A LIX é o primeiro elo na formación lectora, sen ela non habería futuro, os lectores, como os dinosauros, extinguiríanse.
Algún proxecto narrativo?
Estou a traballar, tras case un ano en branco no que non parei de viaxar por centros escolares. Trátase dunha novela de adultos en principio e aínda teño para moitos meses de traballo por diante. Non sei, é unha historia que se me meteu dentro e ata que consiga botala fóra non poderei porme con outros proxectos de LIX que tiña máis inmediatos. Son da opinión de que son as historias ou os personaxes os que o escollen a un e non ao contrario. Eles mandan e eu obedezo.
Esta entrevista viu a luz na sección «Letras Gallegas» da revista Qué leer, nº 173; ofrezo aquí a súa versión en lingua galega.
Que lle podo ofrecer a quen me intente? Monográfico Lois Pereiro, A. Angueira e T. Bermúdez (coords.)
A. Angueira e T. Bermúdez (coords.)
Que lle podo ofrecer a quen me intente?Monográfico Lois Pereiro
Xerais-Universidade de Vigo, Vigo, 2011, 176 páxinas, 16 €
Nesa bóla de neve que supuxo, e supón, a dedicatoria do Día das Letras a Lois Pereiro cómpre non esquecer a recente publicación dun número monográfico, coordinado polos profesores Anxo Angueira e Teresa Bermúdez, que asedia criticamente diferentes aspectos da produción literaria do autor monfortino e que, ao tempo, se converte no primeiro resultado palpable dun proxecto que nace dentro do grupo chamado GAELT (Grupo de Análise e Estudo da Literatura e a Tradutoloxía), vinculado á Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo.
Desde xeito achéganse un grupo de visións particulares que falan de Pereiro como home e artista do seu tempo, subscritas por Xosé Manuel Pereiro, Paco Macías e Fermín Bouza. Por outro lado, outro monllo de colaboracións abéiranse a aspectos que analizan cuestións relacionadas coa súa dimensión máis propiamente literaria, debidas a Manuel Forcadela, Teresa Seara, Xavier Seoane e Alberto Valverde.
Por outro lado, o libro complétase coa transcrición do recital celebrado no pub Moka da Coruña no ano 1996, alén de incluír un feixe de traducións dos textos de Pereiro a diversos idiomas e, por último, catro suxestivos diálogos poéticos realizados ad hoc e que proceden de Xabier Cordal, Estíbaliz Espinosa, Chus Pato e Dores Tembrás.
Unha oportuna achega que, sen dúbida, afonda unha vez máis con lucidez e rigor na figura de Lois Pereiro.
Collected poems, Lois Pereiro
Collected Poems (traducción de Jonathan Dunne)
Small Stations Press-Xunta de Galicia, 2011, 190 páxinas, Bulgaria, 14 €
Unhas mans amigas agasállanme con este libro, do que sentira falar pero ao que non tiven acceso ata hai uns días. O título, Collected poems, recolle a tradución ao inglés da práctica totalidade da obra poética de Lois Pereiro. Ao meu xuízo é un importante libro por varias razóns pero apunto só dúas: por un lado testemuña a vitalidade do efecto Pereiro como protagonista do Día das Letras (alén deste título publicáronse hai poucos senllos estudos académicos da man da Universidade de Santiago e mais da Universidade de Vigo en coedición con Xerais, algo inusitado noutras convocatorias do Día das Letras, onde a data do 17 de maio simboliza o posible límite) e, por outra banda supón un acontecemento porque posibilita que Pereiro poida chegar, mercé ao exercicio da tradución, a un amplo horizonte de lectores que, se cadra, sen este libro nunca poderían facelo, de xeito que tamén facilita a proxección universalista do poeta, algo que por outro lado está na cerna da súa estética. Tampouco quixera deixar de citar o traballo de tradución, magnífico ao meu ver, que Jonathan Dunne realiza neste volume. Parabéns pola iniciativa e aplaudo que o proxecto chegase a bo porto: ao do lectorado de fala inglesa.
Lois Pereiro. Breve encontro, de Jacobo Fernández Serrano
Lois Pereiro. Breve encontro
Edicións Xerais-Xunta de Galicia, Vigo, 2011, 160 páxs., 15 €
Esta bóla de neve que foi, e é, a celebración do Día das Letras dedicado a Lois Pereiro non deixa de ofrecer sorpresas. Unha delas é esta novela gráfica que subscribe Jacobo Fernández Serrano, baixo o título de Lois Pereiro. Breve encontro e subtitulada como «un achegamento comiqueiro á biografía e á obra do poeta».
Teño para min que Fernández Serrano, responsable tanto do texto como da parte gráfica, realiza aquí un traballo a todas luces espléndido, inspirándose no coñecido poema de Lois Pereiro titulado precisamente «Breve encontro», en que o poeta interpreta e retrata a esencia que nel ficou do visionado da película Brief Encounter de David Lean:
«Sobrevoabas un día o meu espacio aéreo
rozándome coas plumas levemente
e desaparecerías cun rumor menguante
como a visión dun soño
fracasado».
Desde esta referencia de xinea cinematográfica, presente no título e mais na novela como elemento axial e estruturador dos contidos, vaise introducindo o lector nunha atractiva e sólida proposta que reinterpreta persoalmente a vida do autor de Conversa ultramarina. Para cumprir ese obxectivo aplica grandes doses de imaxinación, verismo e, cando cómpre, alicerza unha suxestiva e libérrima visión reservada a algúns capítulos inesperados e fantásticos. Baixo esta concepción poliédrica avanza unha
revisión visual e textual que serpea, documentada e intelixente a un tempo, irónica nalgunhas ocasións, polas diversas etapas vitais de Lois Pereiro, mais tamén pola súa obra literaria, revisitando as claves que a dominan sen deixar de manter un diálogo fiel coa memoria da súa presenza e co herdo literario que legou.
Todo un acerto esta publicación, por orixinal, intensa e inmensamente atractiva. Moi recomendable sen ningún xénero de dúbidas.
Libros de e sobre Lois Pereiro, entrevista en ZigZag Diario (TVG)
Hai hoxe un mes gravaba, e emitíase, no Zig-Zag Diario da TVG unha entrevista que María Solar me realizou sobre os libros que, daquela, apareceran de e sobre Lois Pereiro. Hoxe xa habería que engadir algúns títulos máis, o que confirma a vitalidade deste Día das Letras dedicado a Pereiro, e que non esmorece pasado o mes de maio.
Ao se tratar dunha visión panorámica, e breve, deixo aquí o vídeo -beizóns Juan!- para quen lle interese.
[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/qMn5ykHqs64" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

