-
Lista de ligazóns (blogroll)
- A canción do náufrago
- A noite branca
- A sega
- Alvarellos Editora
- As crebas
- As escollas selectivas
- Asociación de Escritores en Lingua Galega
- Biblos
- Blog Centenario Francisco Fernández del Riego
- Blog Costa do Solpor
- Blog de Agustín Fernández Paz
- Blog Galaxia
- Blog Kalandraka
- Blog Toxosoutos
- Blog Trifolium
- Blog Xerais
- Bouvard e Pécuchet
- Brétemas
- Cabaret Voltaire
- Cabrafanada
- Carta Xeométrica
- Ferradura en tránsito
- Fervenzas literarias
- Ler e ver
- O levantador de minas
- O porto dos escravos
- Trafegando ronseis
- Un ollo de vidro
- Web Celso Emilio Ferreiro
-
"Culturas" Agustín Fernández Paz Baldo Ramos Begoña Caamaño Biblos Celso Emilio Ferreiro Claudio Rodríguez Fer Consello da Cultura Galega Edicións Xerais Edicións Xerais de Galicia Editorial Galaxia Entrevista Espiral Maior Faktoría K de Libros Fran Alonso Galaxia IES Valadares Kalandraka Laiovento La Voz de Galicia La Voz en Espiral Letras Galegas Lois Pereiro Luís Ferreiro Manuel Bragado Manuel Rivas Manuscrito manuscritos Marcos Calveiro María Reimóndez Miro Villar Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro Poesía Qué leer Rinoceronte Roberto Vidal Bolaño Rosalía de Castro Toxosoutos Trifolium TVG Valentín Paz Andrade video Xerais Xoán Carlos Domínguez Alberte Álvaro Cunqueiro Adianto editorial (2)
Adianto reseña (1)
Álbum ilustrado (49)
Antoloxía (1)
Apuntamento (1)
Arte (3)
Artigo (7)
Banda deseñada (5)
Biografía (16)
Blogue (9)
Booktrailer (1)
Catálogo expositivo (5)
Celso Emilio Ferreiro (164)
Cine (6)
Club de Lectura (5)
Convocatoria (31)
Crítica (23)
Crítica literaria (298)
Crónica (80)
crowdfunding (1)
Curso (3)
Día das Letras (40)
Divulgación (199)
Docencia (2)
Documental (4)
Edición (1)
Editorial (6)
Efeméride (23)
Ensaio (103)
Entrevistas (55)
Exposición (3)
Faladoiro (4)
Fotografía (7)
Gastronomía (2)
guión (1)
Historia (2)
Homenaxe (14)
Ilustración (2)
Inédito (1)
internet (4)
Lectura (5)
Libro ilustrado (6)
Libro lecer (3)
Lingua galega (1)
Literatura (21)
Literatura galega (36)
Literatura infantil (30)
Literatura xuvenil (17)
Manuscrito (113)
Música (15)
Narrativa (130)
Necrolóxica (1)
Noticia (24)
Noticia literaria (13)
Novela (15)
Novela gráfica (5)
Novidades editoriais (18)
Obituario (1)
Opinión (70)
Poesía (151)
Premio (48)
Presentación (27)
Programa radiofónico (13)
Promoción da lectura (4)
Recomendacións (1)
Recursos didácticos (8)
Reedición (2)
Relatos (7)
Reportaxe (1)
Revista (18)
Roberto Vidal Bolaño (2)
Romanceiro (1)
Sen clasificar (6)
Teatro (12)
Televisión (6)
Textos (3)
Tradución (44)
Unidade didáctica dixital (1)
Valentín Paz Andrade (12)
Varios (31)
Vendas (2)
Video (76)
Video promocional (3)
Xornalismo (10)
WP Cumulus Flash tag cloud by Roy Tanck and Luke Morton requires Flash Player 9 or better.
Meta
Tag Archives: Longa noite de pedra
Na Bienal Literaria «De pedra e de palabra». Entrevista no Diario Cultural sobre a pedra en «Longa noite de pedra»
Este pasado venres, 15 de marzo, participei na Bienal Literaria «De pedra e de palabra» que organizou o Centro Pen-Galicia. Ao fío da miña intervención, que versou sobre a simboloxía do termo «pedra» en Longa noite de pedra, Xiana Arias, do Diario Cultural da Radio Galega, realizoume unha breve entrevista á que se pode acceder premendo aquí; nela sintetízanse algunhas das claves da miña exposición. Moitas grazas pola atención á achega que realicei para esta bienal.
Consellos (letra: Celso Emilio Ferreiro; música: Amancio Prada)
«Consellos»
Libro dos Proverbios, cap. 23,1-9
Si foses a xantar con poderosos
coida ben a carón de quén te sentas.
Pexa a túa gula e couta os teus degaros,
ponlle portas á fame si a tiveras,
pois é pan mintireiro o pan dos ricos,
dóce por fóra, por dentro amarguexa.
Afoga a túa cobiza,
non desacougues por xuntar facenda.
¿Non coidas que a riqueza non é nada,
que o vento a trai e o vento axiña a leva?
Non comas pan dun home deshonroso,
nin da fartura dil teñas envexa.
Diráche, come e bebe, meu amigo,
disfroita dos meus teres canto queiras;
mais o seu pensamento non concorda,
de boca afora serán as súas verbas,
pois o seu corazón, cativo e duro,
ten de cotío pechas
as fenestras do amor e da xusticia.
Non o esquezas.
(De Longa noite de pedra, 1962)
«Pitkä kivinen yö» («Longa noite de pedra» en finés. Novas CEF XXIII)
«Pitkä kivinen yö»
Keskellä tietä oli kivi
oli kivi keskellä tietä
oli kivi
keskellä tietä oli kivi.
Carlos Drummond de Andrade
Katto on kivestä.
Kivestä ovat muurit
ja hämärä.
Kivestä lattia
ja kalterit.
Ovet,
kettingit,
ilma,
ikkunat,
katseet
ovat kivestä.
Sydämet ihmisten
jotka kaukaa väijyvät
on tehty
myös
kivestä.
Ja minä, teen kuolemaa
tässä pitkässä
kivisessä yössä.
A profesora e amiga finesa Jarna Pippo quere contribuír tamén á celebración do Ano Celso Emilio Ferreiro e mais ao cincuenta aniversario da publicación de Longa noite de pedra coa presente tradución do poema «Longa noite de pedra» ao finlandés. Beizóns, Jarna. Kiitos Jarna!
Longa noite de pedra polo alumnado do CEIP Sequelo (Novas CEF XII)
Esténdolle os meus parabéns ao blogue Os ghatos misteriosos, dos meninos de 2º do CEIP Sequelo, que ofrecen unha magnífica montaxe a través dun vídeo que incorpora a declamación dun dos poemas máis célebres de Celso Emilio Ferreiro. Introducen tamén esta reflexión que aquí reproduzo abaixo:
Por desgraza as sensacións que nos quería transmitir Celso Emilio Ferreiro seguen ben presentes na nosa Comunidade; a nivel económico, individual, social, na cultura e na lingua cos nosos devanceiros cre ron e que nos deixaron por herdanza…Seguemos despois de tanto tempo aínda inmersos nunha Noite de Pedra. Os nosos ghatiños, que xa van entrenados nos exercicios poéticos, de seguida identificaron as calidades da pedra: a dureza e a frialdade. E compañados do clarooscuro tratamento que lle dimos ao video, souberon facernos sentir as sensacións co poema requería.
Ecos da edición bilingüe de Longa noite de pedra (Novas CEF XI)
O pasado 12 de febreiro Fran P. Lorenzo subscribiu unha ampla reportaxe sobre a edición bilingüe galego-castelá de Longa noite de pedra, publicado hai pouco por Auga Editora, nas páxinas de El Correo Gallego, a quen lle agradezo a súa atención. Deixo aquí o fragmento ao que se pode acceder a través da rede:
A poucos autoras ou autores dunha literatura lles está reservado o privilexio de cifraren nun título poético o tempo que habitan ou de o convertiren no emblema dun sentimento colectivo, mesmo nun lugar común. Longa noite de pedra, de Celso Emilio Ferreiro, é un deses casos. Así o sinala o crítico literario e tradutor vigués, Ramón Nicolás, na introdución de Longa Noite de Pedra/Larga Noche de Piedra, versión bilingüe galego/castelán deste título fundamental da poesía contemporánea, que vén de incorporar ao seu catálogo Auga Editora (non así á súa web, onde non está a disposición dos leitores), e que, como sinala o propio Nicolás no limiar, está pensada «fundamentalmente para o leitor non galego con certas inquedanzas».
Longa noite de pedra saíu do prelo en 1962, sete anos despois d’O soño sulagado (1955), considerado o primeiro poemario independente de Celso Emilio en lingua galega. Apareceu na colección Salnés, unha sorte de sucursal lírica de Galaxia, na que confluían en labores de dirección o propio Ferreiro, Emilio Álvarez Blázquez e Fernández del Riego. Á publicación do libro sucedeulle un recoñecemento unánime do público e da crítica e a inmediata conversión do seu autor en poeta de referencia no sistema literario galego. E non só. O celanovés virou ademais nun dos escritores máis lidos e traducidos fóra de Galicia, mercé, como lembra Nicolás, «ás seguintes edicións realizadas, a partir de 1968, desde a colección poética de El Bardo», editorial catalana, dirixida por José Batlló, que recolleu, na altura, a tradución do profesor Basilio Losada. Losada asinaría tamén a tradución ao castelán incluída por Akal no primeiro tomo das Obras completas, de CEF, publicada en 1975 na colección Arealonga, ao coidado de Xesús Alonso Montero.
