-
Lista de ligazóns (blogroll)
- A canción do náufrago
- A noite branca
- A sega
- Alvarellos Editora
- As crebas
- As escollas selectivas
- Asociación de Escritores en Lingua Galega
- Biblos
- Blog Centenario Francisco Fernández del Riego
- Blog de Agustín Fernández Paz
- Blog Galaxia
- Blog Kalandraka
- Blog Toxosoutos
- Blog Trifolium
- Blog Xerais
- Bouvard e Pécuchet
- Brétemas
- Cabaret Voltaire
- Cabrafanada
- Carta Xeométrica
- Ferradura en tránsito
- Fervenzas literarias
- Ler e ver
- O levantador de minas
- O porto dos escravos
- Trafegando ronseis
- Un ollo de vidro
- Web Celso Emilio Ferreiro
-
Álvaro Cunqueiro "Culturas" Agustín Fernández Paz Baldo Ramos Begoña Caamaño Biblos Celso Emilio Ferreiro Claudio Rodríguez Fer Consello da Cultura Galega Edicións Xerais Edicións Xerais de Galicia Editorial Galaxia Entrevista Espiral Maior Faktoría K de Libros Fran Alonso Francisco Castro Galaxia IES Valadares Iolanda Zúñiga Kalandraka Laiovento La Voz de Galicia La Voz en Espiral Letras Galegas Lois Pereiro Luís Ferreiro Manuel Bragado Manuel Rivas Manuscrito manuscritos María Reimóndez Marcos Calveiro Miro Villar Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro Poesía Qué leer Roberto Vidal Bolaño Rosalía de Castro Toxosoutos Trifolium TVG Valentín Paz Andrade video Xerais Adianto editorial (2)
Adianto reseña (1)
Álbum ilustrado (48)
Antoloxía (1)
Apuntamento (1)
Arte (3)
Artigo (6)
Banda deseñada (4)
Biografía (16)
Blogue (9)
Booktrailer (1)
Catálogo expositivo (5)
Celso Emilio Ferreiro (164)
Cine (6)
Club de Lectura (3)
Convocatoria (31)
Crítica (23)
Crítica literaria (291)
Crónica (79)
crowdfunding (1)
Curso (3)
Día das Letras (40)
Divulgación (188)
Docencia (2)
Documental (4)
Editorial (5)
Efeméride (23)
Ensaio (100)
Entrevistas (51)
Exposición (3)
Faladoiro (4)
Fotografía (7)
Gastronomía (2)
guión (1)
Historia (2)
Homenaxe (13)
Ilustración (2)
Inédito (1)
internet (4)
Lectura (5)
Libro ilustrado (6)
Libro lecer (3)
Lingua galega (1)
Literatura (21)
Literatura galega (25)
Literatura infantil (28)
Literatura xuvenil (16)
Manuscrito (106)
Música (15)
Narrativa (128)
Necrolóxica (1)
Noticia (24)
Noticia literaria (13)
Novela (13)
Novela gráfica (5)
Novidades editoriais (16)
Obituario (1)
Opinión (68)
Poesía (147)
Premio (43)
Presentación (23)
Programa radiofónico (13)
Promoción da lectura (4)
Recomendacións (1)
Recursos didácticos (8)
Reedición (2)
Relatos (7)
Reportaxe (1)
Revista (18)
Roberto Vidal Bolaño (2)
Romanceiro (1)
Sen clasificar (6)
Teatro (11)
Televisión (6)
Textos (3)
Tradución (42)
Unidade didáctica dixital (1)
Valentín Paz Andrade (12)
Varios (30)
Vendas (1)
Video (73)
Video promocional (3)
Xornalismo (9)
WP Cumulus Flash tag cloud by Roy Tanck and Luke Morton requires Flash Player 9 or better.
Meta
Tag Archives: Manuel Uhía
Quero escoitar (e oír) un conto: audiocontos en Galaxia
Grazas a un amigo comecei onte a ver a serie televisiva Once Upon a Time, traducida ao castelán como «Érase una vez», baseada, en esencia, na existencia dun universo paralelo ou alterno onde moitos personaxes dos contos clásicos de fadas existen sen ser conscientes diso. Lembreime, ao fío destes primeiros capítulos, dunha colección ben coñecida levada a cabo na colección «árbore» de Galaxia como son os «audiocontos«: volumes de pequeno formato nos que, a carón do texto, se inclúe un cedé con cadansúa gravación; proceso realizado baixo a dirección artística de Tero Rodríguez e na que exhiben as magníficas voces de Francisco Martínez Barreiro e Teresa Santamaría, nun traballo realizado en «Muu! Estudios de gravación».
Se non estou errado, son catro as últimas achegas desta iniciativa, mergullándose tanto nos textos clásicos infantís adaptados coma noutros provenientes da tradición oral: velaí O labrador, a raposa e o lobo e Bela e besta, ambos os dous adaptados por Xavier Senín; Xan o das fabas máxicas, con adaptación de Xesús Carballo Soliño e, finalmente, O gato con botas, de Charles Perrault e que vén da man de Ánxela Gracián.
Cómpre, ao meu ver, non deixar de subliñar o labor de ilustración que estes audiocontos presentan e que os fan extraordinariamente atractivos e diversos para os lectores: o traballo realizado nestas entregas por Xan López Domínguez, Ana Santiso, Marina Seoane ou Manuel Uhía en cada unha das entregas así o testemuña. Unha interesante opción, en fin, para ler e oír contos de todos os tempos.
Propostas para un Día Internacional do Libro Infantil
Hoxe é o Día Internacional do Libro Infantil. Unha data que este ano fica un tanto deslucida por cadrar en período semi-vacacional e que cumpriría promocionar canto se puidese. Nesta liña velaquí o texto que a sección mexicana do Ibby solicitou ao escritor Francisco Hinojosa para festexar a data e que atopo traducido ao galego en trafegando ronseis; o cartel anunciador nesta ocasión vén da man do ilustrador Juan Gedovius.
Son moi numerosas as invitacións de lectura que poderían realizar, afortunadamente, dentro deste xénero de tan celmosa tradición entre nós. Escollo, un tanto aleatoriamente, entre as novidades coas que conto á man agora, algúns destes títulos chegados ás librarías hai pouco tempo.
Ramón Caride Ogando ofreceu, case simultaneamente, dous títulos como son Catro amigos pillabáns, con ilustracións de Manuel Uhía e mais A pomba dona Paz, nesta
ocasión acompañándose das propostas visuais subscritas por Pepe Carreiro, ambos os dous títulos, por certo, en Edicións Xerais de Galicia. Neles parte da común asunción dunha serie de valores que son propios da produción de Caride, entre os que resultan salientables aquí os da tolerancia e o respecto á liberdade; ben que no primeiro articula un relato de xorne aventureiro e imaxinativo, adoptando un esquema de fábula cunha estrutura de carácter itinerante, mentres que no segundo fai fincapé en cuestións máis estreitamente vinculadas coa ecoloxía, as desigualdades sociais ou a propia convivencia nas aulas, nun texto orientado esencialmente para quen van comezando aínda a achegarse á lectura autónoma.
De Kalandraka, que precisamente hoxe está de aniversario, salientaría unha achega titulada O artista que pintou un cabalo azul, de Eric Carle. Trátase dun libro, en formato álbum, que chega en tradución de Chema Heras e que incorpora unhas ilustracións a gran formato creadas coa técnica de colaxe con papel de seda pintado. Na súa orixe articúlase como unha homenaxe visual e narrativa a Franz Marc: un ilustrador alemán absolutamente innovador e pouco recoñecido no seu tempo. Neste sentido Carle, inspirado no devandito traballo de Marc, ofrece unha atractiva e singular achega onde o xogo coa pluralidade cromática, en tantas ocasións inesperada, resulta un dos seus eixes principais e traslada o discurso narrativo ao ámbito do visual. É difícil aquí non sentirse sorprendido por esa aposta que subverte, imaxinativamente, os esquemas pictóricos realistas e que se afasta, así, das visións máis tradicionais que os «artistas», xustamente ao contrario do que protagoniza o libro, levan dentro.
Por último, chamo a atención cara a outro volume constituído por este tándem que responde a Pinto &
Chinto e que tan excelentes froitos veu deixando aquí e acolá desde hai algún tempo. Trátase do título Os xogos olímpicos de Ningures, editado en Galaxia xunto con outros tres títulos máis na colección «Árbore», e que permite achegarse ao mundo do deporte desde as instancias do humor e mais o enxeño, facendo uso de moitas doses de perspicacia, imaxinación e habilidade narrativa, sen esquecer a pegada do absurdo ou do nonsense, entreverado sempre coa aplicación dunha visión sempre respectuosa e case raiana coa tenrura. Un libro que obriga a ler cun sorriso, sexa a idade que for.