-
Lista de ligazóns (blogroll)
- A canción do náufrago
- A noite branca
- A sega
- Alvarellos Editora
- As crebas
- As escollas selectivas
- Asociación de Escritores en Lingua Galega
- Biblos
- Blog Centenario Francisco Fernández del Riego
- Blog de Agustín Fernández Paz
- Blog Galaxia
- Blog Kalandraka
- Blog Toxosoutos
- Blog Trifolium
- Blog Xerais
- Bouvard e Pécuchet
- Brétemas
- Cabaret Voltaire
- Cabrafanada
- Carta Xeométrica
- Ferradura en tránsito
- Fervenzas literarias
- Ler e ver
- O levantador de minas
- O porto dos escravos
- Trafegando ronseis
- Un ollo de vidro
- Web Celso Emilio Ferreiro
-
Álvaro Cunqueiro "Culturas" Agustín Fernández Paz Baldo Ramos Begoña Caamaño Biblos Celso Emilio Ferreiro Claudio Rodríguez Fer Consello da Cultura Galega Edicións Xerais Edicións Xerais de Galicia Editorial Galaxia Entrevista Espiral Maior Faktoría K de Libros Fran Alonso Francisco Castro Galaxia IES Valadares Iolanda Zúñiga Kalandraka Laiovento La Voz de Galicia La Voz en Espiral Letras Galegas Lois Pereiro Luís Ferreiro Manuel Bragado Manuel Rivas Manuscrito manuscritos María Reimóndez Marcos Calveiro Miro Villar Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro Poesía Qué leer Roberto Vidal Bolaño Rosalía de Castro Toxosoutos Trifolium TVG Valentín Paz Andrade video Xerais Adianto editorial (2)
Adianto reseña (1)
Álbum ilustrado (48)
Antoloxía (1)
Apuntamento (1)
Arte (3)
Artigo (6)
Banda deseñada (4)
Biografía (16)
Blogue (9)
Booktrailer (1)
Catálogo expositivo (5)
Celso Emilio Ferreiro (164)
Cine (6)
Club de Lectura (3)
Convocatoria (31)
Crítica (23)
Crítica literaria (291)
Crónica (79)
crowdfunding (1)
Curso (3)
Día das Letras (40)
Divulgación (189)
Docencia (2)
Documental (4)
Editorial (5)
Efeméride (23)
Ensaio (100)
Entrevistas (51)
Exposición (3)
Faladoiro (4)
Fotografía (7)
Gastronomía (2)
guión (1)
Historia (2)
Homenaxe (13)
Ilustración (2)
Inédito (1)
internet (4)
Lectura (5)
Libro ilustrado (6)
Libro lecer (3)
Lingua galega (1)
Literatura (21)
Literatura galega (26)
Literatura infantil (28)
Literatura xuvenil (16)
Manuscrito (106)
Música (15)
Narrativa (128)
Necrolóxica (1)
Noticia (24)
Noticia literaria (13)
Novela (13)
Novela gráfica (5)
Novidades editoriais (16)
Obituario (1)
Opinión (68)
Poesía (147)
Premio (43)
Presentación (23)
Programa radiofónico (13)
Promoción da lectura (4)
Recomendacións (1)
Recursos didácticos (8)
Reedición (2)
Relatos (7)
Reportaxe (1)
Revista (18)
Roberto Vidal Bolaño (2)
Romanceiro (1)
Sen clasificar (6)
Teatro (11)
Televisión (6)
Textos (3)
Tradución (42)
Unidade didáctica dixital (1)
Valentín Paz Andrade (12)
Varios (30)
Vendas (1)
Video (73)
Video promocional (3)
Xornalismo (9)
WP Cumulus Flash tag cloud by Roy Tanck and Luke Morton requires Flash Player 9 or better.
Meta
Tag Archives: Marcos Calveiro
Top 10. Narrativa galega 2012
Na última entrega de Biblos que estes días comeza a se distribuír -revista, por certo, que completa sesenta números que viron a luz ao longo de dez anos-, dou a coñecer, na habitual sección «Breviario», unha listaxe do que considero como o máis salientable no eido da narrativa galega publicada este ano pasado. Como sinalo no comezo faltan, con certeza, outros títulos, e mesmo algúns que foron moi do meu agrado. Velaquí o artigo:
<<Coma sempre, ao comezar un novo ano e botar a vista atrás resulta inevitable revisar o que se leu, e compendiar ao que meu xuízo foi o máis salientable. Velaquí un top 10 de carácter persoal, loxicamente, sen orde de prioridade e que se centra na narrativa publicada en lingua galego o ano pasado. Asumo que nel non se inclúe todo o que realmente me gustou, alén de dúas ou tres novelas aparecidas no momento en que isto redacto e que poderían modificar esta escolla. Dun ou doutro xeito aquí está:
1. As voces baixas, de Manuel Rivas. Deses libros que resoan na memoria de quen o le, pola intensa brillantez con que foi escrito, pola sinceridade e emotividade que desprende.
2 A forma das nubes, de María López Sández. Premio narrativa breve Repsol 2011. Ao meu ver unha das sorpresas do ano dunha autora de extraordinario potencial.
3. Palabras de auga, de Marcos Calveiro. Premio Merlín 2012. Unha historia estremecedora e comprometida para afondar en realidades que non vemos ou non queremos ver, tamén na propia condición humana.
4. En vías de extinción, de María Reimóndez. Novela que sabe a liberdade, que arrecende talento, sempre nos camiños da heterodoxia e a reflexión: imprescindible.
5. Verde oliva, de Xavier Alcalá. Experiencia e sabedoría narrativa para afondar con brillantez nos días previos da chegada de Fidel Castro ao poder.
6. Dúas letras, de Fina Casalderrey. Un libro que é un luxo: un relato poderoso e milimetrado que inspira unha magnífica curtametraxe.
7. Morgana en Esmelle, de Begoña Caamaño. Á sombra dos mitos da Materia de Bretaña, unha reflexión magnífica sobre os conceptos da impunidade e da culpa.
8. O curioso mundo das persoas normais, de Xosé Monteagudo. Retratar a paisaxe e os sentimentos da vida cotiá desde a perspectiva de alguén, que só é quen de outeala, non é doado e o autor é quen de emocionar.
9. Os fillos do mar, de Pedro Feijoo. A proposta incorporou tantos lectores á narrativa de noso que só por iso xa é de agradecer. Ademais, non lle falta pericia narrativa, talento e engado. Outra agradable sorpresa da tempada literaria.
10. 15.724, de Xesús Constela. Cun substrato que é unha alegación contra as oligarquías e a pena de morte, o autor ofrece un espléndido exercicio narrativo que non decae nin na derradeira páxina>>.
As palabras de auga de Marcos Calveiro no Club de Lectura «Lendo no Galiñeiro» (IES Valadares)
Onte visitounos a figura esguía de Marcos Calveiro para falar de Palabras de auga, libro que non canso de recomendar. O certo é que destes encontros sempre se sae cunha sensación de satisfacción que non son quen de calibrar pois é difícil non redescubrir ángulos nos que talvez non se reparara nese acto íntimo e privativo que é a lectura.
Calveiro debullou un discurso pragado de referencias vinculadas ao seu libro, loxicamente, mais tamén a elementos que lle serviron para ir construíndo a historia e que gozan dunha actualidade innegable como o coltan, a lingua suahili, o Sahel, a emigración, a violencia, os nenos soldados, o matriarcado e os denominados libros «disney», nun moi interesante debate porque dá xenio ter tan boas lectoras neste grupo. Grazas a Marcos pola súa visita!
Manuscrito: Marcos Calveiro
Pasou por aquí non hai moitas datas Marcos Calveiro ao fío da publicación do seu recomendable Palabras de auga. Hoxe retorna para nos amosar algúns manuscritos da súa autoría que se vinculan, ademais, con Festina lente (2008) unha novela pola que non pasa o tempo e que talvez marcou un punto de inflexión na súa traxectoria narrativa, cando menos pública, malia que a novela estivera na imaxinación do autor, e mesmo xa redactada, antes doutras pezas que xa viron a luz anteriormente a esta, e da que conserva un bo número de estampas da Compostela na que sitúa a obra que non se incluíron, finalmente, no orixinal que se publicou.
Festina lente, segundo revela Calveiro, xestouse durante un período de catro ou cinco anos, simultaneándose coa escrita doutros libros: «foi a miña balea branca e a única na que aínda escribín algúns capítulos a man, o resto xa foi todo a ordenador. Aínda non aprendera algúns dos trucos do oficio que hoxe coñezo grazas a editores e correctores», engade. Coa particularidade de que a súa dinámica creativa parte sempre dun final, confesa que o seu é «un caos creativo» e que avanza «sen un guión predeterminado, é toda unha aventura onde os personaxes e a trama xorden a medida que escribo».
Velaquí tres mostras do traballo que destinou a esta novela, coa miña gratitude ao autor pola súa colaboración.
Palabras de auga, de Marcos Calveiro
Palabras de auga (ilustracións de Ramón Trigo)
Xerais, Vigo, 2012, 160 páxinas, 11,50 €
Había xa algún tempo que quería escribir sobre este galardoado Palabras de auga, de Marcos Calveiro, co que conseguiu o premio Merlín de Literatura Infantil 2012 cunha proposta que, particularmente, non defraudou nin un chisco as expectativas que depositara nel.
Palabras de auga, deste xeito, articúlase como unha desas pezas insustituíbles para a engrenaxe que vivifica a literatura infantil e xuvenil de noso, mais non só pois, persoalmente, pasei polas súas páxinas alleo a etiquetaxes, atento tan só ao que a ficción ofrecía, que é moito e bo.
O libro de Marcos Calveiro hibridiza, con fortuna, elementos que teñen que ver coa narrativa propia de intervención social coa de aventuras iniciáticas e faino, moi conscientemente, situándonos nun espazo distante, mais ao tempo próximo, como é o dunha tribo africana sometida a numerosos avatares que todo o tempo apuntan cara ao concepto de sobrevivencia e ao da propia condición humana, mesmo ao rol desenvolto pola muller naquela sociedade, focalizado a través do personaxe de Amadou, quen posibilita coñecer as claves dun universo transmitido con transparencia e, asemade, exposto con toda a crueza que as extremas condicións de vida carrexan.
A ollada de Amadou, ese adolescente sobre quen repousan moitas responsabilidades e que loxicamente evoluciona e madura a través do relato, transfórmase nesa luz que nos guía a través de conflitos persoais, familiares ou tribais nos que non é difícil advertir un tratamento alleo a didactismos ou compracencias pois, moi ao contrario, resulta a súa unha actitude que agroma dos ditados do corazón, revelando convicción e tamén principios solidarios, en tantas ocasións conmovedores como igualmente o é, tamén, ese final esperanzador no medio de tanta tebra.
Ambientada acaidamente; técnica e estruturalmente construída con solvencia, exhibindo pasaxes de inequívoca altura e brillantez, a novela esixe un esforzo lector que ao meu ver deita resultados espléndidos a través dos recorrentes flashbacks que constrúen a historia, achegándonos tamén a unha realidade do noso tempo que, por veces, non queremos ver. Aínda que fose só por ese motivo merecen ser saudadas, estas Palabras de auga, con fervor; como tamén o merecen, sen dubidalo, as extraordinarias e efectivas ilustracións de Ramón Trigo.
Presentación de Palabras de auga, de Marcos Calveiro
Vaia por diante que non tiven vagar aínda para ler estas Palabras de auga de Marcos Calveiro, premio Merlín 2012, malia ter magníficas referencias desta novela. Estas referencias afortaláronse onte na presentación deste libro que se desenvolveu na Casa do Libro de Vigo, diante dun nutrido grupo de persoas.
Gustoume a brevidade e concisión do acto, que principiou Manuel Bragado desenvolvendo tres ideas-forza que partiron da relevancia do Premio Merlín: un «galardón sen o que non se pode entender a literatura galega infantil e xuvenil dos últimos anos». Asociou, asemade, este premio ao concepto de «talismán» para moitas voces que o acadaron na súa historia, subliñando a relevancia da colección que os acolle: a máis extensa da literatura galega actual que chegou xa aos douscentos vinte e cinco títulos. A estas reflexións engadiu a lóxica referencia ao autor e ao seu percorrido literario marcado sempre pola «procura da beleza nas súas diversas expresións, afondando na condición do ser humano a través da música, a historia, o cinema ou a pintura», entre outros panos de fondo nos que sitúa as súas propostas. Por último. definiu sinteticamente esta novela como «unha viaxe a un espazo como é África», outorgándolle unha ollada contemporánea «dirixida ao que por veces non vemos»; unha novela «sen idade, esixente e emocionante», subliñando como trazo definitorio a importante carga de emotividade que a goberna, na que non é menor a achega artística de Ramón Trigo ao efecto.
Agustín Fernández Paz deu lectura a un texto escrito que partiu dunha luctuosa noticia actual como foi a morte que atoparon uns emigrantes no día de onte no mar de Alborán, para enfiar logo un discurso crítico sobre esa imaxe de África e os africanos que nos chega ao occidente e afirmar, intercalando a lectura de fragmentos da novela, que esta é «un iceberg» cunha «enorme masa de xeo por baixo» que non se ve mais que sostén un edificio narrativo revisado puntualmente polo vilalbés en diversas dimensións, adxectivando o texto como unha «novela das boas, das que deixan pegada», desas que o lector «se quere saber máis ten que cavar» e que, ao tempo, recrean un espazo «universal» que alén das circunstancias externas tamén «fala de nós».
O serán concluíu coa lectura dunha magnífica coda á novela que Calveiro ofreceu ao público asistente. Unha sorte de capítulo final que situou o personaxe protagonista da novela preto de nós, entre nós: un deses que «venceu a morte salgada» e que resiste, tamén, estes tempos. Mentres, Ramón Trigo, realizaba unha espléndida ilustración «ao vivo» que queda recollida nesta fotografía da esquerda.
Non precisaba asistir á presentación deste libro de Calveiro para animarme a ler a súa última novela, mais non dubido que foi unha sorte presenciala, por suxestiva e informativa, tamén polas faíscas de emoción, que tamén as houbo. Parabéns, outra vez, ao autor.



