-
Lista de ligazóns (blogroll)
- A canción do náufrago
- Alvarellos Editora
- As crebas
- As escollas selectivas
- Asociación de Escritores en Lingua Galega
- Biblos
- Blog Galaxia
- Blog Kalandraka
- Blog Toxosoutos
- Blog Trifolium
- Blog Xerais
- Bouvard e Pécuchet
- Brétemas
- Cabaret Voltaire
- Cabrafanada
- Carta Xeométrica
- Ferradura en tránsito
- Fervenzas literarias
- La Voz en Espiral
- Ler e ver
- O levantador de minas
- O porto dos escravos
- Pez de plata
- Trafegando ronseis
- Un ollo de vidro
- Web Celso Emilio Ferreiro
-
Álvaro Cunqueiro Agustín Fernández Paz Alvarellos Editora Antonio García Teijeiro Baldo Ramos Biblos Buenos Aires Cabalo de ouros Celso Emilio Ferreiro Claudio Rodríguez Fer Consello da Cultura Galega Despois da medianoite Diego Ameixeiras Edicións Xerais Edicións Xerais de Galicia Editorial Galaxia Espiral Maior Faktoría K de Libros Fran Alonso Francisco Castro Galaxia Iolanda Zúñiga Kalandraka Laiovento La Voz en Espiral Letras Galegas Lois Pereiro Longa noite de pedra Manuel Rivas María Reimóndez María Xosé Queizán Marcos Calveiro Miguel Anxo Fernán-Vello Miro Villar Periferia Qué leer Radio Fórum Rosalía de Castro Salma Toxosoutos Trifolium Víctor F. Freixanes Valentín Paz Andrade video Xerais Álbum ilustrado (27)
Arte (1)
Biografía (11)
Blogue (4)
Catálogo expositivo (4)
Celso Emilio Ferreiro (62)
Cine (2)
Convocatoria (17)
Crítica (11)
Crítica literaria (160)
Crónica (68)
Día das Letras (28)
Divulgación (37)
Docencia (1)
Efeméride (15)
Ensaio (68)
Entrevistas (21)
Exposición (2)
Faladoiro (1)
Fotografía (4)
Gastronomía (2)
guión (1)
Homenaxe (6)
Ilustración (1)
internet (3)
Libro lecer (2)
Literatura (9)
Literatura infantil (16)
Literatura xuvenil (9)
Música (4)
Narrativa (83)
Noticia (11)
Noticia literaria (9)
Novela (3)
Novela gráfica (3)
Novidades editoriais (12)
Opinión (38)
Poesía (86)
Premio (17)
Presentación (6)
Programa radiofónico (11)
Recursos didácticos (4)
Reedición (2)
Relatos (3)
Revista (13)
Romanceiro (1)
Sen clasificar (3)
Teatro (5)
Televisión (5)
Textos (3)
Tradución (31)
Valentín Paz Andrade (11)
Varios (19)
Video (41)
Video promocional (3)
Xornalismo (6)
WP Cumulus Flash tag cloud by Roy Tanck and Luke Morton requires Flash Player 9 or better.
Meta
Tag Archives: María Solar
Vou ter un irmán!!!, de María Solar
Vou ter un irmán (ilustracións de Xosé Tomás)
Galaxia, col. Árbore, Vigo, 2011, 28 páxinas, 15 €
Había xa algún tempo que non me ocupaba nesta bitácora dalgún libro dedicado aos primeiros lectores; volumes que, alén de resultaren moi do meu gusto, advirto que sofren unha atención nos medios cada vez máis escasa que os deixan sen gozar da visibilidade que merecerían.
E nesta ocasión dou con Vou ter un irmán!!! cun libro de María Solar, ilustrado co atractivo, marcadamente colorista e irónico estilo de Xosé Tomás. Nel asúmese a perspectiva narrativa dunha nena que, loxicamente, terá axiña un irmán. O relato avanza desde progresivamente desde que a pequena advirte que algo extraordinario vai ocorrer, pasando polas tarefas habituais que a chegada dun novo ser esixe, ata que o irmán se incorpora á realidade cotiá. Solar é quen de levar ao lector adulto, de certo que tamén aos máis novos e novas, polos vieiros da esmagadora lóxica infantil, no que non faltan refoladas de corte irónico e case humorístico. Con todo, se con algo teño que quedar sería tanto co verniz divulgativo que encerra como con esa tonalidade positiva, vitalista e esperanzadora que desprende a súa lectura, irradiando un contaxio optimista, abofé, que é ben de agradecer.
Velaquí o booktrailer do libro:
[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/y6D4faERgD4" width="425" height="350" wmode="transparent" /]
Libros de e sobre Lois Pereiro, entrevista en ZigZag Diario (TVG)
Hai hoxe un mes gravaba, e emitíase, no Zig-Zag Diario da TVG unha entrevista que María Solar me realizou sobre os libros que, daquela, apareceran de e sobre Lois Pereiro. Hoxe xa habería que engadir algúns títulos máis, o que confirma a vitalidade deste Día das Letras dedicado a Pereiro, e que non esmorece pasado o mes de maio.
Ao se tratar dunha visión panorámica, e breve, deixo aquí o vídeo -beizóns Juan!- para quen lle interese.
[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/qMn5ykHqs64" width="425" height="350" wmode="transparent" /]
30 gramos, de Leonel Moura, premio Lois Tobío da AGE á mellor tradución 2010
A Asociación Galega de Editores, a través dunha inicial selección previa, e logo por un xurado composto por María Solar, Xosé A. Perozo, Charo Portela e Antón Pedreira, tiveron a ben outorgar o premio «Lois Tobío» á mellor tradución á novela 30 gramos, de Leonel Moura, publicada por Alvarellos Editora no seo dun fermoso acto que se desenvolveu onte na Deputación Provincial de Lugo.
Da concesión deste galardón alégrome polo recoñecemento que supón ao extraordinario olfacto que demostrou Quique Alvarellos para atopar esta peza literaria, que tamén resultou finalista no premio Ánxel Casal mellor libro de ficción, e agradézolle desde aquí ao editor lugués outra vez a confianza depositada no meu traballo. Para min supón toda unha honra conseguir un premio que leva o nome de Lois Tobío. Grazas a todas e a todos e parabéns para quen resultaron galardoados.
