-
Lista de ligazóns (blogroll)
- A canción do náufrago
- A noite branca
- A sega
- Alvarellos Editora
- As crebas
- As escollas selectivas
- Asociación de Escritores en Lingua Galega
- Biblos
- Blog Centenario Francisco Fernández del Riego
- Blog de Agustín Fernández Paz
- Blog Galaxia
- Blog Kalandraka
- Blog Toxosoutos
- Blog Trifolium
- Blog Xerais
- Bouvard e Pécuchet
- Brétemas
- Cabaret Voltaire
- Cabrafanada
- Carta Xeométrica
- Ferradura en tránsito
- Fervenzas literarias
- Ler e ver
- O levantador de minas
- O porto dos escravos
- Trafegando ronseis
- Un ollo de vidro
- Web Celso Emilio Ferreiro
-
Álvaro Cunqueiro "Culturas" Agustín Fernández Paz Baldo Ramos Biblos Celso Emilio Ferreiro Claudio Rodríguez Fer Consello da Cultura Galega Edicións Xerais Edicións Xerais de Galicia Editorial Galaxia Entrevista Espiral Maior Faktoría K de Libros Fran Alonso Francisco Castro Galaxia IES Valadares Iolanda Zúñiga Kalandraka Laiovento La Voz de Galicia La Voz en Espiral Letras Galegas Lois Pereiro Luís Ferreiro Manuel Bragado Manuel Rivas Manuscrito manuscritos María Reimóndez Marcos Calveiro Miro Villar Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro Poesía Qué leer Roberto Vidal Bolaño Rosalía de Castro Toxosoutos Trifolium TVG Valentín Paz Andrade video Vigo Xerais Adianto editorial (2)
Adianto reseña (1)
Álbum ilustrado (47)
Antoloxía (1)
Apuntamento (1)
Arte (3)
Artigo (6)
Banda deseñada (4)
Biografía (16)
Blogue (9)
Booktrailer (1)
Catálogo expositivo (4)
Celso Emilio Ferreiro (164)
Cine (6)
Club de Lectura (3)
Convocatoria (31)
Crítica (23)
Crítica literaria (289)
Crónica (79)
crowdfunding (1)
Curso (3)
Día das Letras (40)
Divulgación (183)
Docencia (2)
Documental (4)
Editorial (5)
Efeméride (23)
Ensaio (99)
Entrevistas (51)
Exposición (2)
Faladoiro (4)
Fotografía (7)
Gastronomía (2)
guión (1)
Historia (2)
Homenaxe (13)
Ilustración (2)
Inédito (1)
internet (4)
Lectura (5)
Libro ilustrado (5)
Libro lecer (3)
Lingua galega (1)
Literatura (21)
Literatura galega (24)
Literatura infantil (27)
Literatura xuvenil (16)
Manuscrito (104)
Música (14)
Narrativa (128)
Necrolóxica (1)
Noticia (24)
Noticia literaria (13)
Novela (13)
Novela gráfica (5)
Novidades editoriais (15)
Obituario (1)
Opinión (67)
Poesía (145)
Premio (43)
Presentación (23)
Programa radiofónico (13)
Promoción da lectura (4)
Recomendacións (1)
Recursos didácticos (8)
Reedición (2)
Relatos (7)
Reportaxe (1)
Revista (18)
Roberto Vidal Bolaño (2)
Romanceiro (1)
Sen clasificar (6)
Teatro (10)
Televisión (6)
Textos (3)
Tradución (42)
Unidade didáctica dixital (1)
Valentín Paz Andrade (12)
Varios (30)
Vendas (1)
Video (73)
Video promocional (3)
Xornalismo (9)
WP Cumulus Flash tag cloud by Roy Tanck and Luke Morton requires Flash Player 9 or better.
Meta
Tag Archives: María Xosé Queizán
As Nobel científicas. Festa da palabra silenciada nº 27
As nobel científicas. Festa da palabra silenciada nº 27
Figa, Vigo, 2011, 18o páxinas.
Chega un novo número da Festa da palabra silenciada cuns contidos que, coma sempre, superan as expectativas máis esixentes. Nesta ocasión artéllase un monográfico que bota unha lúcida ollada arredor de seis das científicas -afortunadamente aínda vivas- que recibiron o galardón neste eido, dun total de nove que foron galardoadas na historia do premio fronte a oitenta e catro homes. Ao respecto, no editorial deste número, lémbrase que desde o ano 1901 ata o 2010 só trinta e nove mulleres recibiron ao premio fronte a máis de oitocentos homes. Os resultados son, coido, moi significativos.
Retomando os contidos do monográfico velaquí un monllo de colaboracións que reparan na biografía e mais nos traballos de Rita Levi-Montalcini, nada no 1909 e aínda activa, Ada Yonath, Christiane Nüsslein-Volhard, Linda B. Buck, Françoise Barré-Sinoussi e mais Elisabeth Helen Blackburn, a través dos exhastivos e documentados artigos de Mónica Bar, Teresa Nuño, Marga do Val e Carme Adán. Investigadoras as primeiras sobre as que, probablemente, pouco se sabe, posibilitando así que se abran as portas do coñecemento entre nós para se converteren elas nun necesario paradigma no que moitas xeracións se poidan ver e avanzar con determinación na precisa igualdade. Ao fío deste tema inclúese un interesante e recomendable artigo de María Xosé Queizán, titulado <<A capacidade intelectual das mulleres>>, que atende ás razóns das dificultades históricas para a investigación científica da man da muller no que atinxe á incomprensión do seu traballo e mesmo á invisibilidade dos seus adiantos científicos.
Por outro lado, na sección <<actualidade>>, diversas ensaístas reparan nos ecos das persoas desaparecidas hai pouco como Valentín Arias, Felisa Barreiro Mosquera, Herminio Barreiro ou Agota Kirstof, engadíndose asemade reflexións sobre unha diversidade de asuntos, sen esquecer as páxinas de recensións literarias, nas que me honro de colaborar (pódense ver a temática dos artigos tratados nesta sección e os títulos dos libros reseñados na reprodución do índice incorporada ao final deste mesmo apuntamento).
Parabéns, en fin, ás responsábeis todas de que esta embarcación continúe coa súas necesarias singraduras. A presentación desta entrega realizarase no Museo do Mar vigués, o vindeiro día 24 de febreiro de 2012, baixo o acobillo da memoria perenne de Rosalía de Castro.
Meu pai vaite matar, de María Xosé Queizán
María Xosé Queizán
Meu pai vaite matar
Xerais, Vigo, 104 páxinas, 16,15 euros
Un libro de María Xosé Queizán, calquera que este sexa, merece de seu ser saudado efusivamente pois poucas traxectorias tan celmosas, e ao tempo teimosas, a prol da creación literaria en galego, veña esta dos ámbitos da narrativa, a poesía, a tradución, o ensaio ou o xornalismo, podemos atopar en alguén que, desde aquela histórica A orella no buraco (1965), mantén rexa e lucidamente os esteos do seu pensamento e mais da súa singular e privativa ollada interpretativa cara ao noso mundo e os seus arredores; unha ollada considerada transgresora noutro tempo e que hoxe resulta inevitable e operativa para asomarnos e movernos por un mundo cambiante como o actual.
Esta recente novela, que ve a luz tras o ensaio igualmente publicado hai pouco tempo sobre Mary Wollstonecraft, disponse baixo o suxestivo título de Meu pai vaite matar e nela non deixa de lado, mesmo talvez impulsándoos substantivamente, elementos que se entrecruzan unha e outra vez na súa obra como son a defensa tanto do racionalismo como do antipatriarcalismo, adquirindo agora unha tonalidade talvez un tanto distinta que podería facilitar a súa chegada a un maior número de potenciais lectores. Explícome: Queizán artella unha historia que se alicerza sobre elementos tirados da novela policíaca ou de intriga, con algunhas pegadas do xénero aventureiro e mesmo tintes propios da crónica de viaxes máis canónica. Agroman así, agrupándose con solvencia, fíos que nos conducen por historias persoais marcadas por unha escura trama, coma todas que se alimentan de abusos e do uso da violencia machista nunha relación sentimental. Todo isto derivará ata confluír noutra relación que manteñen dúas protagonistas, en terras arxentinas, escenario no que se desvelarán as claves que poden explicar unha
incógnita familiar de complexa resolución.
De obviar, ao meu ver, certa tonalidade antirruralista e un discurso expresivo talvez pouco verosímil na relación sentimental feminina, é esta unha proposta, de estrutura moi áxil por certo, que vén dunha das nosas escritoras máis experimentadas e arriscadas. Só por iso xa cumpriría achegarse a este Meu pai vaite matar.
Esta recensión publicouse nas páxinas do suplemento Culturas de La Voz de Galicia, o 24 de decembro de 2011 baixo o título de «A volta da narrativa de María Xosé Queizán».
Mary Wollstonecraft Shelley e a súa criatura artificial, de María Xosé Queizán
Mary Wollstonecraft Shelley e a súa criatura artificial
Xerais, Vigo, 158 páxs., 17 €
Achegueime con interese a esta proposta de María Xosé Queizán, tanto por poder dispor, unha vez máis, da oportunidade de transitar pola fluidez e indiscutible pulsión literaria dunha das nosas mellores ensaístas como pola ocasión que supón para profundar nas dimensións biográficas e literarias de Mary Wollstonecraft Shelley, a creadora do Frankenstein orixinal, obxecto por outra parte de numerosas distorsións debido ás innúmeras versións de carácter cinematográfico que se realizaron desde o século XX ata hoxe.
Non dubido en cualificar como brillante o resultado global do ensaio pois a autora combina a exposición de datos empíricos, que proveñen do manexo dunha inxente cantidade de documentación e lecturas que se van incorporando con enxeño –cartas, notas, avisos, fragmentos de ensaios, poemas…-, cunha prosa ricaz que, interpelando a conciencia de quen le con numerosas preguntas, acada un rexistro que, a meu entender, cumpre as características precisas para obter un amplo espectro lector.
Este atractivo advírtese xa desde as primeiras páxinas nas que, empregando recursos propios dunha novela, coñécese un feito clave no modelado intelectual e humano da escritora como son os momentos previos ao suicidio frustrado da súa nai, Mary Wollstonecraft, quen tanto influíu nela en moi diversas facetas e que foi a responsable da Vindicación dos dereitos da muller, un texto fundacional do feminismo moderno.
De aquí en diante, esparexendo acaídas notas de carácter contextual que falan da sociedade, a literatura, a economía e a política deste tempo, vai construíndose a biografía da autora do Frankenstein, que se alicerzou sempre no racionalismo ilustrado alentando no contexto romántico; unha biografía marcada adoito por sucesos de carácter tráxico. Velaí, así pois, como se deseña a súa vida familiar ou a formación académica e literaria que gozou, proxectada nunha muller que exhibiu unha personalidade afastada dos convencionalismos da sociedade vitoriana, como se amosa en determinados xestos da súa actitude vital ou naquelas vivencias máis persoais, entre as que non faltan capítulos de xorne autenticamente aventureiro, a carón das que reparan nas dificultades ou dramas vividos, nas ausencias ou presenzas experimentadas ou, por citar algún outro fragmento destacable, o que se nuclea arredor do seguimento dos lugares e países visitados e aquelas páxinas que se ocupan da súa relación co poeta Shelley e coa figura paterna.
E nun momento dado a autora conduce o ensaio a augas nas que prima a valoración literaria, internándose na xénese do “novo Prometeo” da escritora británica para o que ofrece unha lectura que repara nas claves da estrutura da obra, na relevancia desa obsesión que amosou pola creación de vida artificial autónoma ou no rastrexo das posibles influencias que exerceron un papel relevante na concepción da mesma como son os adiantos científicos da época, alén dun asunto central, que xa ocupara algunhas páxinas doutros libros da ensaísta viguesa, como é a reflexión sobre a maternidade.
Unha mostra máis, teño para min, da vitalidade dun xénero como é o do ensaio galego, sempre tan necesario e de indiscutible e celmosa proxección universal.
Este artigo publicouse nas páxinas do suplemento «Culturas» de La Voz de Galicia, o 4 de xuño de 2011.
Cara a unha poética feminista. Homenaxe a María Xosé Queizán
M. Forcadela e C. Noia (coords.)
Cara a unha poética feminista. Homenaxe a María Xosé Queizán
Edicións Xerais de Galicia, Vigo, 2011, 320 páxs., 19 €
Non vou negar que moito me gustaría contarme entre os que lle tributan, a través das páxinas deste volume, un merecido recoñecemento ás distintas dimensións que amosa a traxectoria dunha escritora tan polifacética e suxestiva como é María Xosé Queizán. Con todo, consólame saber que formo parte dun grupo de persoas que, dun ou doutro xeito, quixeron estar malia non ser posible.
O libro, así pois, concíbese desde a perspectiva dos editores como unha achega a unha homenaxe máis ampla que a escritora merecería e organizada desde as instancias do diálogo “coa súa obra literaria e coa súa posición feminista a través de diferentes aparellos analíticos”. Desde xeito, alén dun interesante, e nalgunha medida novidoso, corpus fotográfico distribuído ao longo de todo o libro, son numerosas e moi heteroxéneas as colaboracións que afondan en asuntos que rodean, ou rodearon, os distintos focos de interese ideolóxico, literario ou político da Queizán. Velaí como, no primeiro apartado titulado “Estudos de crítica”, se articula a abordaxe analítica de títulos concretos da autora que foi espallando no seu percorrido como poeta, narradora, ensaísta ou directora dunha revista tan fundamental como é a Festa da Palabra Silenciada; ademais de acoller outras colaboracións, de vontade máis xeneralista ou global, que asedian aspectos como o seu pensamento ou as ousadías sexuais na súa obra, a carón de análises de fondo filosófico ou verbo do seu pensamento feminista, sen esquecer algunhas outras achegas que presentan motivos que xulgo próximos ou queridos á autora.
Igualmente atractivo resulta o segundo bloque deste libro no que se inclúe unha biografía actualizada da autora de Sentinela, alerta, xunto cunha bibliografia de e sobre a autora, de consulta obrigada desde agora para calquera investigación ulterior. Finalmente, engádense dúas reveladoras entrevistas, ao que parece unha delas anticipando un traballo maior, nas que se deitan datos, reflexións e referencias de interese xeral, nalgún caso descoñecidas ou escasamente tratadas.
Un derradeiro apartado, epigrafado “Testemuñas e homenaxes”, recolle un feixe de pequenos artigos ditados, maioritariamente, pola emoción e os afectos. Afectos que, desde aquí, traslado á autora a través da lectura deste recomendable libro.
Baixo o título de «María Xosé Queizán en estado puro» este texto publicouse nas páxinas do suplemento «Culturas» de La Voz de Galicia, o 21 de maio de 2011.



