-
Lista de ligazóns (blogroll)
- A canción do náufrago
- A noite branca
- A sega
- Alvarellos Editora
- As crebas
- As escollas selectivas
- Asociación de Escritores en Lingua Galega
- Biblos
- Blog Centenario Francisco Fernández del Riego
- Blog de Agustín Fernández Paz
- Blog Galaxia
- Blog Kalandraka
- Blog Toxosoutos
- Blog Trifolium
- Blog Xerais
- Bouvard e Pécuchet
- Brétemas
- Cabaret Voltaire
- Cabrafanada
- Carta Xeométrica
- Ferradura en tránsito
- Fervenzas literarias
- Ler e ver
- O levantador de minas
- O porto dos escravos
- Trafegando ronseis
- Un ollo de vidro
- Web Celso Emilio Ferreiro
-
Álvaro Cunqueiro "Culturas" Agustín Fernández Paz Baldo Ramos Begoña Caamaño Biblos Celso Emilio Ferreiro Claudio Rodríguez Fer Consello da Cultura Galega Edicións Xerais Edicións Xerais de Galicia Editorial Galaxia Entrevista Espiral Maior Faktoría K de Libros Fran Alonso Francisco Castro Galaxia IES Valadares Iolanda Zúñiga Kalandraka Laiovento La Voz de Galicia La Voz en Espiral Letras Galegas Lois Pereiro Luís Ferreiro Manuel Bragado Manuel Rivas Manuscrito manuscritos María Reimóndez Marcos Calveiro Miro Villar Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro Poesía Qué leer Roberto Vidal Bolaño Rosalía de Castro Toxosoutos Trifolium TVG Valentín Paz Andrade video Xerais Adianto editorial (2)
Adianto reseña (1)
Álbum ilustrado (48)
Antoloxía (1)
Apuntamento (1)
Arte (3)
Artigo (6)
Banda deseñada (4)
Biografía (16)
Blogue (9)
Booktrailer (1)
Catálogo expositivo (4)
Celso Emilio Ferreiro (164)
Cine (6)
Club de Lectura (3)
Convocatoria (31)
Crítica (23)
Crítica literaria (291)
Crónica (79)
crowdfunding (1)
Curso (3)
Día das Letras (40)
Divulgación (188)
Docencia (2)
Documental (4)
Editorial (5)
Efeméride (23)
Ensaio (99)
Entrevistas (51)
Exposición (2)
Faladoiro (4)
Fotografía (7)
Gastronomía (2)
guión (1)
Historia (2)
Homenaxe (13)
Ilustración (2)
Inédito (1)
internet (4)
Lectura (5)
Libro ilustrado (6)
Libro lecer (3)
Lingua galega (1)
Literatura (21)
Literatura galega (25)
Literatura infantil (28)
Literatura xuvenil (16)
Manuscrito (105)
Música (15)
Narrativa (128)
Necrolóxica (1)
Noticia (24)
Noticia literaria (13)
Novela (13)
Novela gráfica (5)
Novidades editoriais (16)
Obituario (1)
Opinión (68)
Poesía (146)
Premio (43)
Presentación (23)
Programa radiofónico (13)
Promoción da lectura (4)
Recomendacións (1)
Recursos didácticos (8)
Reedición (2)
Relatos (7)
Reportaxe (1)
Revista (18)
Roberto Vidal Bolaño (2)
Romanceiro (1)
Sen clasificar (6)
Teatro (11)
Televisión (6)
Textos (3)
Tradución (42)
Unidade didáctica dixital (1)
Valentín Paz Andrade (12)
Varios (30)
Vendas (1)
Video (73)
Video promocional (3)
Xornalismo (9)
WP Cumulus Flash tag cloud by Roy Tanck and Luke Morton requires Flash Player 9 or better.
Meta
Tag Archives: Muxía
Onte en Muxía, da man de López Abente
Deixo aquí a ligazón a dúas completas crónicas -a de Manuel Bragado e mais a de Miro Villar- ás que eu teño ben pouco que engadir pois que recollen acaidamente o que aconteceu no acto da presentación d´A narrativa mariña de Gonzalo López Abente, desenvolta onte nun magnífico espazo como é a Biblioteca Municipal de Muxía, lugar que acolleu a un bo número de persoas interesadas en saber máis de López Abente e desta publicación.
Desde aquí a miña gratitude a toda a xente de Muxía que asistiu ao acto e á garimosa atención que nos dispensaron aos viaxeiros desde a Fundación Gonzalo López Abente (a foto superior, de Viki Rivadulla, corresponde a un momento do acto). Beizóns, parabéns ao responsable da edición, Suso Sambade, e moita sorte cos proxectos!
Presentación d´A narrativa mariña de López Abente, en Muxía
Nesa liña de rescates bibliográficos que se impuxo a Fundación Gonzalo López Abente, e na que contamos coa excelente edición de Bretemada, realizada con rigor e acerto polo meu benquerido Miro Villar, séguelle agora a edición dun novo volume -A narrativa mariña- que compila as prosas vinculadas con asunto ou ambientación costeira e mariñeira que López Abente editou, de forma independente ao longo da súa vida. O libro ofrece, se couber, a posibilidade de acceder a unhas pezas inatopables hoxe en día como son O diputado por Veiramar (1918), O escándalo (1920), O novo xuez (1922), Buserana (1925) e Fuxidos (1926) e faino en edición e precisa introdución do profesor Suso Sambade. Teño para min que este libro ofrece outra imaxe, complementaria e fecunda, da produción literaria de Gonzalo López Abente e
da súa vinculación apaixonada e comprometida cos proxectos que pairaban nas actuacións culturais e ideolóxicas das Irmandades da Fala. Ademais, particularmente, supón a continuidade dunha histórica colección como é a BLG, que entendo como unha feliz noticia.
Así pois, mañá estarei en Muxía, xunto con Manuel Bragado, o editor do volume Xesús Sambade Soneira e mais Felix Porto, alcalde de Muxía e Presidente da Fundación López Abente para presentar este libro. De certo que algún que outro amigo, como Rivadulla Corcón, andará por alí.