-
Lista de ligazóns (blogroll)
- A canción do náufrago
- A noite branca
- A sega
- Alvarellos Editora
- As crebas
- As escollas selectivas
- Asociación de Escritores en Lingua Galega
- Biblos
- Blog Centenario Francisco Fernández del Riego
- Blog de Agustín Fernández Paz
- Blog Galaxia
- Blog Kalandraka
- Blog Toxosoutos
- Blog Trifolium
- Blog Xerais
- Bouvard e Pécuchet
- Brétemas
- Cabaret Voltaire
- Cabrafanada
- Carta Xeométrica
- Ferradura en tránsito
- Fervenzas literarias
- Ler e ver
- O levantador de minas
- O porto dos escravos
- Trafegando ronseis
- Un ollo de vidro
- Web Celso Emilio Ferreiro
-
Álvaro Cunqueiro "Culturas" Agustín Fernández Paz Baldo Ramos Biblos Celso Emilio Ferreiro Claudio Rodríguez Fer Consello da Cultura Galega Edicións Xerais Edicións Xerais de Galicia Editorial Galaxia Entrevista Espiral Maior Faktoría K de Libros Fran Alonso Francisco Castro Galaxia IES Valadares Iolanda Zúñiga Kalandraka Laiovento La Voz de Galicia La Voz en Espiral Letras Galegas Lois Pereiro Luís Ferreiro Manuel Bragado Manuel Rivas Manuscrito manuscritos María Reimóndez Marcos Calveiro Miro Villar Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro Poesía Qué leer Roberto Vidal Bolaño Rosalía de Castro Toxosoutos Trifolium TVG Valentín Paz Andrade video Vigo Xerais Adianto editorial (2)
Adianto reseña (1)
Álbum ilustrado (47)
Antoloxía (1)
Apuntamento (1)
Arte (3)
Artigo (6)
Banda deseñada (4)
Biografía (16)
Blogue (9)
Booktrailer (1)
Catálogo expositivo (4)
Celso Emilio Ferreiro (164)
Cine (6)
Club de Lectura (3)
Convocatoria (31)
Crítica (23)
Crítica literaria (289)
Crónica (79)
crowdfunding (1)
Curso (3)
Día das Letras (40)
Divulgación (185)
Docencia (2)
Documental (4)
Editorial (5)
Efeméride (23)
Ensaio (99)
Entrevistas (51)
Exposición (2)
Faladoiro (4)
Fotografía (7)
Gastronomía (2)
guión (1)
Historia (2)
Homenaxe (13)
Ilustración (2)
Inédito (1)
internet (4)
Lectura (5)
Libro ilustrado (5)
Libro lecer (3)
Lingua galega (1)
Literatura (21)
Literatura galega (25)
Literatura infantil (27)
Literatura xuvenil (16)
Manuscrito (104)
Música (14)
Narrativa (128)
Necrolóxica (1)
Noticia (24)
Noticia literaria (13)
Novela (13)
Novela gráfica (5)
Novidades editoriais (16)
Obituario (1)
Opinión (67)
Poesía (145)
Premio (43)
Presentación (23)
Programa radiofónico (13)
Promoción da lectura (4)
Recomendacións (1)
Recursos didácticos (8)
Reedición (2)
Relatos (7)
Reportaxe (1)
Revista (18)
Roberto Vidal Bolaño (2)
Romanceiro (1)
Sen clasificar (6)
Teatro (10)
Televisión (6)
Textos (3)
Tradución (42)
Unidade didáctica dixital (1)
Valentín Paz Andrade (12)
Varios (30)
Vendas (1)
Video (73)
Video promocional (3)
Xornalismo (9)
WP Cumulus Flash tag cloud by Roy Tanck and Luke Morton requires Flash Player 9 or better.
Meta
Tag Archives: Nigratrea
Do idilio á diáspora, de Carlos L. Bernárdez
Do idilio á diáspora
NigraTrea, Baiona, 184 páxinas, 25 €
Cómpre saudar con satisfacción este ensaio que chega agora ás nosas librarías por moi diversas razóns; entre elas salientaría a garantía que supón vir da man dun dos nosos máis contrastados especialistas na historia da arte galega como o seu longo currículo ben exhibe, e mesmo subliñaría a afouteza que significa hoxe editar un libro destas características, situado nun ámbito especialmente resentido pola crise como é o da produción ensaística e, máis particularmente, no que di respecto das publicacións vinculadas cos estudos artísticos. Facelo, ademais, tan requintadamente desde o punto de vista da edición técnica, incorporando abondosas ilustracións, con reproducións nalgúns casos moi poucos coñecidas, coido que cando menos resulta reseñable e mesmo esperanzador.
O subtítulo do libro –“modernidade e compromiso na pintura galega de Castelao a Seoane”– recolle acaidamente a orientación que este conxunto de ensaios proxecta, isto é, interpretar analiticamente o que ocorreu na nosa pintura desde o chamado costumismo rexionalista do século XIX, pasando polos ecos modernistas e simbolistas ata chegar ao denominado grupo “Os novos”, que percorreu con teimosía e orixinalidade a distancia que conducía aos camiños da renovación, sen esquecer ir avanzando dun xeito parello aos vieiros das vangardas europeas. Dito noutras palabras, este ensaio achega unha cartografía rigorosa que evidencia as tensións e estratexias que, desde os alicerces, espellaron na creación dunha escola de pintura galega cun sentido de seu, revisando despois a forma en que esta estética artística propia se desenvolve nos tempos anteriores á guerra civil para perfilar, en último caso, as liñas de forza da súa evolución, tanto no exilio americano como no interior ata os anos cincuenta.
A relevancia outorgada ao contexto histórico propio que acompaña a evolución da pintura galega nestes anos convértese nun elemento axial do libro, sen abandonar a perspectiva de entender as nosas manifestacións artísticas como unha parte substancial da tradición cultural europea, sempre mergullada nun espazo de reconstrución identitaria á busca dun espazo propio. Neste universo sobresaen as figuras senlleiras de Castelao e mais Seoane, inevitables puntos de inflexión neste proceso, mais non podería deixar de recomendar as páxinas dedicadas á interpretación das achegas de Laxeiro ou Colmeiro, ao
cartelismo ou mesmo á exposición de pintura galega celebrada en Buenos Aires nos anos cincuenta, entre outros temas.
Esta proposta de Carlos L. Bernárdez, por último, foxe do cripticismo, da inintelixibilidade expositiva; moi ao contrario, paréceme un traballo ideado para interesados na materia e para os queiran iniciarse e saber máis. A súa inequívoca orientación didáctica, como amosa a adopción dun discurso fluído que posibilita un asequible seguimento, facilita outear ese horizonte tan plural e vario constituído por grandes figuras e excepcionais obras. Moi recomendable, en fin, para se mover con seguridade neste ámbito da nosa tradición pictórica.
Esta recensión, baixo o título de «Memoria da pintura galega», viu a luz nas páxinas do suplemento «Culturas» de La Voz de Galicia, o 26 de maio de 2012.
Romances populares gallegos, de Alfonso Hervella Courel
Romances populares gallegos (edición de X.R. Mariño Ferro e Carlos L. Bernárdez)
Nigratrea, 192 páxinas, 25 €
A figura de Alfonso Hervella non é moi coñecida fóra dos circuítos máis abeirados á investigación sobre os romances e coido que é esta unha espléndida ocasión para divulgar o traballo de quen nacera en 1886 en Viana do Bolo. Hervella cursaría en Deusto, aprobaría unhas oposicións a notarías no ano 1912 e obtería varios destinos -Padrón, Monforte de Lemos e Medina del Campo- ata ocupar unha praza en Palencia, onde falecería en 1949.
Alfonso Hervella publicou textos de filiación histórica e mais tamén literaria e será en xullo de 1909 cando presente á Exposición Regional Gallega unha colección de romances composta por máis dun centenar de textos pertencentes ao romanceiro tradicional que, segundo os especialistas afirman, encerran versións que resultan copias executadas con fidelidade ás narracións orais.
A presente edición, que vén da man dos profesores X.R. Mariño Ferro e mais Carlos L. Bernárdez, xorde da consulta do manuscrito orixinal que conserva o Museo de Pontevedra que se considera o exemplar orixinal que Hervella presentou e foi premiado na Exposición Regional Gallega de 1909 que resulta, ao meu ver aplicando un criterio científico rigoroso, o que se emprega para a presente edición, non se esqueza que ideada cunha intención divulgativa e alicerzada, por outra parte, nunha bibliografía acaída e xusta para este tipo de edicións que alude, entre outras, ás voces autorizadas de Ana Valenciano ou Diego Catalán, quen emitiron opinións contrastadas sobre o valor da obra de Hervella e sobre a fiabilidade do seu labor.
Teño para min que esta publicación cumpre á perfección o labor para o que foi encomendada, isto é, achegar ao gran público un traballo relevante e moi pouco divulgado dentro do romanceiro popular galego. Parabéns aos responsables que posibilitaron que este proxecto vexa a luz.

