Tag Archives: «O tren»

Tres vídeos: María Reimóndez, «Il pleut» de Apollinaire e un lip dub de «O tren» de Dobarro

Comparto aquí tres vídeos que suscitaron estes días, por diversas razóns, o meu interese. O primeiro recupera as palabras, afoutas e cheas de convicción -que naturalmente comparto- pronunciadas por María Reimóndez no seo do acto no que recibiu o premio Dora Vázquez de artigos xornalísticos polo seu texto «Desobediencia» e que coñezo vía olevantadordeminas.

      O segundo incorpóroo aquí vía trafegando ronseis e recolle unha imaxinativa creación a partir do caligrama «Il pleut» de Apollinaire. Nesta liña de vídeos educativos e lúdicos traio un imaxinativo lip dub da versión de «O Tren» de Andrés Do Barro, realizada no seu día por «Eladio y los seres queridos» e que protagoniza o alumnado de 4º da ESO do IES As Barxas (Moaña) (vía Coordinadora galega de ENDL). Bo domingo!

Chuzame! A Facebook A Twitter
Na categoría Video | Coas etiquetas , , , , , , | 2 Comentarios