-
Lista de ligazóns (blogroll)
- A canción do náufrago
- A noite branca
- A sega
- Alvarellos Editora
- As crebas
- As escollas selectivas
- Asociación de Escritores en Lingua Galega
- Biblos
- Blog Centenario Francisco Fernández del Riego
- Blog de Agustín Fernández Paz
- Blog Galaxia
- Blog Kalandraka
- Blog Toxosoutos
- Blog Trifolium
- Blog Xerais
- Bouvard e Pécuchet
- Brétemas
- Cabaret Voltaire
- Cabrafanada
- Carta Xeométrica
- Ferradura en tránsito
- Fervenzas literarias
- Ler e ver
- O levantador de minas
- O porto dos escravos
- Trafegando ronseis
- Un ollo de vidro
- Web Celso Emilio Ferreiro
-
Álvaro Cunqueiro "Culturas" Agustín Fernández Paz Baldo Ramos Biblos Celso Emilio Ferreiro Claudio Rodríguez Fer Consello da Cultura Galega Edicións Xerais Edicións Xerais de Galicia Editorial Galaxia Entrevista Espiral Maior Faktoría K de Libros Fran Alonso Francisco Castro Galaxia IES Valadares Iolanda Zúñiga Kalandraka Laiovento La Voz de Galicia La Voz en Espiral Letras Galegas Lois Pereiro Luís Ferreiro Manuel Bragado Manuel Rivas Manuscrito manuscritos María Reimóndez Marcos Calveiro Miro Villar Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro Poesía Qué leer Roberto Vidal Bolaño Rosalía de Castro Toxosoutos Trifolium TVG Valentín Paz Andrade video Vigo Xerais Adianto editorial (2)
Adianto reseña (1)
Álbum ilustrado (48)
Antoloxía (1)
Apuntamento (1)
Arte (3)
Artigo (6)
Banda deseñada (4)
Biografía (16)
Blogue (9)
Booktrailer (1)
Catálogo expositivo (4)
Celso Emilio Ferreiro (164)
Cine (6)
Club de Lectura (3)
Convocatoria (31)
Crítica (23)
Crítica literaria (290)
Crónica (79)
crowdfunding (1)
Curso (3)
Día das Letras (40)
Divulgación (187)
Docencia (2)
Documental (4)
Editorial (5)
Efeméride (23)
Ensaio (99)
Entrevistas (51)
Exposición (2)
Faladoiro (4)
Fotografía (7)
Gastronomía (2)
guión (1)
Historia (2)
Homenaxe (13)
Ilustración (2)
Inédito (1)
internet (4)
Lectura (5)
Libro ilustrado (6)
Libro lecer (3)
Lingua galega (1)
Literatura (21)
Literatura galega (25)
Literatura infantil (28)
Literatura xuvenil (16)
Manuscrito (105)
Música (14)
Narrativa (128)
Necrolóxica (1)
Noticia (24)
Noticia literaria (13)
Novela (13)
Novela gráfica (5)
Novidades editoriais (16)
Obituario (1)
Opinión (68)
Poesía (145)
Premio (43)
Presentación (23)
Programa radiofónico (13)
Promoción da lectura (4)
Recomendacións (1)
Recursos didácticos (8)
Reedición (2)
Relatos (7)
Reportaxe (1)
Revista (18)
Roberto Vidal Bolaño (2)
Romanceiro (1)
Sen clasificar (6)
Teatro (11)
Televisión (6)
Textos (3)
Tradución (42)
Unidade didáctica dixital (1)
Valentín Paz Andrade (12)
Varios (30)
Vendas (1)
Video (73)
Video promocional (3)
Xornalismo (9)
WP Cumulus Flash tag cloud by Roy Tanck and Luke Morton requires Flash Player 9 or better.
Meta
Tag Archives: Premio Novela por Entregas La Voz de Galicia
A punta de pistola, de Fran Alonso
A punta de pistola
Xerais, Vigo, 2012, 144 páxinas, 11,35 €
Reflexionaba Fran Alonso no seu blogue sobre a sorte que supuña para esta obra a posibilidade de gozar de dúas vidas. En efecto, o galardón que acadou en xullo deste ano –a duodécima edición do premio de novela por entregas La Voz de Galicia- supuxo a primeira vida, á que se asomaron milleiros de lectores e lectoras que accederon día a día, a través das páxinas en papel e da web do xornal, a esta proposta narrativa que ve con fortuna como a súa recepción se proxecta cara a unhas dimensións dificilmente igualables noutros soportes. E é agora cando comeza a súa segunda vida ao ver a luz en forma independente e publicada por Edicións Xerais, emprazada por certo nunha colección que, en primeira instancia, se destina ao lector xuvenil, algo que talvez poida desorientar na medida en que esta peza narrativa semelle unha obra para adultos. Éo, sen dúbida, mais tamén encerra algúns trazos de novela de fronteira, iso que en inglés se denomina “crossover”: propostas narrativas que presentan uns límites esvaecidos entre o que tradicionalmente se considera literatura de adultos e xuvenil.
A punta de pistola, como é lóxico, fai descansar a súa estrutura nas esixencias do xénero: un número de caracteres moi concreto e mais un ordenamento distribuído en trinta e un capítulos. Para Fran Alonso, como lle ocorreu no seo do mesmo premio a An Alfaya, Marilar Aleixandre ou Diego Ameixeiras, entre outras persoas, esta premisa obriga, necesariamente, a un exercicio de contención expresiva, de esencialismo se se quere, e esixe desenvolver un argumento que demanda un ritmo acaído para captar ou prender a atención do lectorado que chegaría inicialmente á historia día a día. Teño para min que este ritmo é un dos elementos máis salientables da novela de Fran Alonso pois a súa posta en marcha resulta espectacular, o que lle imprime un dinamismo que contribúe a explicar, isto é indubidable, unha parte tantas veces oculta do universo polo que transitamos no noso tempo: esa faciana máis conflitiva, que ás veces supera os límites do verosímil e pola que o autor circula unha e outra vez como ben testemuña a súa xa longa e vizosa presenza como narrador e poeta entre nós: velaí de novo asuntos como a desestruturación familiar, a experiencia da soidade no mundo contemporáneo, o mundo das novas tecnoloxías ou a marxinalidade social, entre outros.
Mais, que nos conta A punta de pistola? Basicamente é unha historia protagonizada por un delincuente que, xunto coa súa muller, acoden a un punto de encontro familiar para ver os seus fillos, tutelados polos servizos sociais. É nese momento cando os secuestran –a punta de pistola- e onde nace unha fuxida pola área metropolitana de Vigo, de inequívoca filiación cinematográfica; por outro lado, esta liña argumental amosa un contrapunto nucleado arredor doutra personaxe como é unha camioneira-blogueira, simbolizándose nela unha evidente homenaxe a Celia Rivas, a primeira camioneira galega da que se ten constancia, até que nun momento determinado senllas historias converxan sorprendentemente.
Ben evidente resulta que Fran Alonso, dono dunha pulsión narrativa propia, segue a incorporar, agora con este novo libro, diferentes e suxestivos matices a un edificio creativo que se alimenta da realidade que nos rodea, dialogando sempre con outras obras anteriores…, mais ese é outro mérito que, quen se asome a este volume, poderá descubrir.
Esta recensión publicouse nas páxinas do suplemento «Culturas», de La Voz de Galicia, baixo o título de «A segunda vida», o 3 de novembro de 2012.
A punta de pistola, de Fran Alonso: premio de novela por entregas «La Voz de Galicia»
Participei onte no debate sobre o premio anual de novela por entregas de La Voz de Galicia, xunto con outros compoñentes. A deliberación foi intensa, e argumentada, e resolveu, como xa se sabe a esta altura, outorgarlle o galardón á novela A punta de pistola, de Fran Alonso, autor que sigo con atención e interese desde os seus comezos literarios.
Falouse xa nos medios xornalísticos e dixitais dos seus méritos. Eu só quero engadir que, en efecto, algúns dos seus valores constitúenos o seu ritmo e o seu dinamismo -é unha obra que se estrea cuns capítulos arrebatadores, cheos de forza-, sen esquecer esa ollada a asuntos que poden parecen secundarios mais que na miña opinión a vertebran substancialmente: eis esa ollada particular, como é adoito na narrativa do autor vigués, a algunhas das realidades conflitivas contemporáneas como son a marxinalidade social, a desestruturación familiar, a soidade ou iniciativas laborais pioneiras simbolizadas nunha camioneira blogueira ou nesa Celia Rivas, a nosa primeira muller camioneira. Devezo por relela, no xornal, e cando se publique en libro independente. Parabéns ao seu autor.
Historias de Oregón, de Diego Ameixeiras
Diego Ameixeiras
Xerais, Vigo, 2011, 104 páxinas, 16,15 €
Hai relativamente poucos meses que os lectores de La Voz de Galicia tiveron a oportunidade de seguir, diariamente, unha narración artellada por Diego Ameixeiras e que dispuxo baixo o título de Historias de Oregón, coa que conseguiu a undécima edición do premio de Novela por Entregas La Voz de Galicia, sumándose ao meu ver con acerto e dignidade á xa longa nómina de propostas galardoadas neste concurso literario.
De botarmos unha ollada atrás ás novelas premiadas neste concurso non é difícil albiscar como Diego Ameixeiras, que vén de colleitar un éxito rotundo co seu Asasinato no Consello Nacional, sabe situarse nese ronsel que, desde as instancias dunha limitación espacial determinada, conduce a soster unha trama próxima ás fronteiras do xénero negro. Con todo e se cadra dun xeito máis evidente e consonte cos seus trazos coñecidos como narrador de inequívoca vontade realista, aproveita esta proposta para dirixir unha ollada crítica, por veces incisiva e sempre reflexiva, sobre unha parte da sociedade do noso tempo, exposta sempre cun trazo claro, rápido e limpo. Neste sentido non podo deixar de sinalar que se á Oria de O porco de pé risquiano, lle seguiu aquela feraz e translúcida Auria blanco-amoriana, para entender algunhas das claves motrices dos modos de relación contemporáneos e mesmo para desvelar os recursos aos que obriga a supervivencia en contextos adversos cómpre, sen dúbida, asomarse ás aristas desta Oregón, desta cidade cero, dese transparente trasunto de Ourense polo que Ameixeiras xa transitara noutras entregas e que, alén de espazo físico desde o que irradian sólidas historias, chega a cobrar a un tempo categoría protagónica.
Historias de Oregón bota a andar co suceso da desaparición dunha moza brasileira. De aquí en diante gandúxanse os fíos desde os que, a través de tramas paralelas expostas con vontade fragmentaria e que logo se irán compoñendo por si soas, un conxunto de personaxes construídos con solvencia irán entrelazándose e deseñando un devalar cotián heteroxéneo onde a presenza do malfado, das dificultades e da precariedade vehiculízanse a través de argumentos que recrean ou se espellan na vaga de incendios, na violencia machista, na cobiza polo poder político ou na inestabilidade laboral, constituíndo así focos de atención dunha novela que vai alén do simple divertimento e agocha moitas máis cousas.
Esta recensión publicouse nas páxinas do suplemento Culturas de La Voz de Galicia, o 17 de decembro de 2011 baixo o título de «Fronteiras vitais na cidade cero».
Presentación de Vía secundaria, de An Alfaya
Mañá arrouparei, na libraría Librouro e con Manuel Bragado, a presentación de Vía secundaria, tanto na condición de lector como de membro do xurado que a galardoou no seu día. A novela de An Alfaya, entre outros méritos, ofrece unha acaída instantánea que transparenta moitas claves do noso tempo e faino con solvencia e formidable precisión: a solvencia e precisión dunha autora que conta cunha longa e meritoria traxectoria na nosa narrativa.
A LIBRARÍA LIBROURO e EDICIÓNS XERAIS DE GALICIA comprácense en convidalo/a ao acto de presentación do libro: Vía secundaria de An Alfaya PREMIO DE NOVELA POR ENTREGAS LA VOZ DE GALICIA 2010.
O acto, que contará coa participación de Ramón Nicolás, Manuel Bragado e An Alfaya, terá lugar o venres, 28 de outubro, ás 20,00 horas, na libraría Librouro, Eduardo Iglesias, 12 de Vigo.
Diego Ameixeiras, XI Premio Novela por Entregas La Voz de Galicia
Onte despraceime ata Arteixo para participar no fallo do XI Premio de Novela por entregas de La Voz de Galicia. Camilo Franco, Héctor J. Porto, Xosé Carlos Caneiro, Ramón Loureiro e mais eu resolvemos concederllo por unanimidade a Historias de Oregón, de Diego Ameixeiras. Desde aquí os meus parabéns ao gañador, a quen estimo moito como novelista, e tamén aos dous finalistas desta edición.
Da proposta narrativa xa se apuntaron algunhas cuestións con moito tino e non vou abundar hoxe nelas, tan só sinalar que a publicación desvela unha trama ben estruturada composta por vidas que se cruzan nun inconfundible espazo que é o de Oregón-Ourense; está dotada dun verniz contemporáneo, inequívoca vontade realista e escrita con moita forza narrativa. Estou certo, ademais, que a difusión que esta novela gozará a través das páxinas do xornal como da merecida publicación da mesma en forma independente, ou iso espero, será unha aldrabada probablemente non necesaria pero si xusta, que apontoa a solidez da traxectoria creativa de Ameixeiras.

