-
Lista de ligazóns (blogroll)
- A canción do náufrago
- A noite branca
- A sega
- Alvarellos Editora
- As crebas
- As escollas selectivas
- Asociación de Escritores en Lingua Galega
- Biblos
- Blog Centenario Francisco Fernández del Riego
- Blog Costa do Solpor
- Blog de Agustín Fernández Paz
- Blog Galaxia
- Blog Kalandraka
- Blog Toxosoutos
- Blog Trifolium
- Blog Xerais
- Bouvard e Pécuchet
- Brétemas
- Cabaret Voltaire
- Cabrafanada
- Carta Xeométrica
- Ferradura en tránsito
- Fervenzas literarias
- Ler e ver
- O levantador de minas
- O porto dos escravos
- Trafegando ronseis
- Un ollo de vidro
- Web Celso Emilio Ferreiro
-
"Culturas" Agustín Fernández Paz Baldo Ramos Begoña Caamaño Biblos Celso Emilio Ferreiro Claudio Rodríguez Fer Consello da Cultura Galega Edicións Xerais Edicións Xerais de Galicia Editorial Galaxia Entrevista Espiral Maior Faktoría K de Libros Fran Alonso Galaxia IES Valadares Kalandraka Laiovento La Voz de Galicia La Voz en Espiral Letras Galegas Lois Pereiro Luís Ferreiro Manuel Bragado Manuel Rivas Manuscrito manuscritos Marcos Calveiro María Reimóndez Miro Villar Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro Poesía Qué leer Rinoceronte Roberto Vidal Bolaño Rosalía de Castro Toxosoutos Trifolium TVG Valentín Paz Andrade video Xerais Xoán Carlos Domínguez Alberte Álvaro Cunqueiro Adianto editorial (2)
Adianto reseña (1)
Álbum ilustrado (49)
Antoloxía (1)
Apuntamento (1)
Arte (3)
Artigo (7)
Banda deseñada (5)
Biografía (16)
Blogue (9)
Booktrailer (1)
Catálogo expositivo (5)
Celso Emilio Ferreiro (164)
Cine (6)
Club de Lectura (5)
Convocatoria (31)
Crítica (23)
Crítica literaria (298)
Crónica (80)
crowdfunding (1)
Curso (3)
Día das Letras (40)
Divulgación (199)
Docencia (2)
Documental (4)
Edición (1)
Editorial (6)
Efeméride (23)
Ensaio (103)
Entrevistas (55)
Exposición (3)
Faladoiro (4)
Fotografía (7)
Gastronomía (2)
guión (1)
Historia (2)
Homenaxe (14)
Ilustración (2)
Inédito (1)
internet (4)
Lectura (5)
Libro ilustrado (6)
Libro lecer (3)
Lingua galega (1)
Literatura (21)
Literatura galega (36)
Literatura infantil (30)
Literatura xuvenil (17)
Manuscrito (113)
Música (15)
Narrativa (130)
Necrolóxica (1)
Noticia (24)
Noticia literaria (13)
Novela (15)
Novela gráfica (5)
Novidades editoriais (18)
Obituario (1)
Opinión (70)
Poesía (151)
Premio (48)
Presentación (27)
Programa radiofónico (13)
Promoción da lectura (4)
Recomendacións (1)
Recursos didácticos (8)
Reedición (2)
Relatos (7)
Reportaxe (1)
Revista (18)
Roberto Vidal Bolaño (2)
Romanceiro (1)
Sen clasificar (6)
Teatro (12)
Televisión (6)
Textos (3)
Tradución (44)
Unidade didáctica dixital (1)
Valentín Paz Andrade (12)
Varios (31)
Vendas (2)
Video (76)
Video promocional (3)
Xornalismo (10)
WP Cumulus Flash tag cloud by Roy Tanck and Luke Morton requires Flash Player 9 or better.
Meta
Tag Archives: Radio Fórum
Adeus a La Voz en Espiral
La Voz en Espiral
conclúe a súa andaina tras dous anos de emisión. Un proxecto que naceu para promocionar a poesía, en todas as linguas, a través de Radio Forum, en Mérida, mercé á iniciativa dos galegos Suso Díaz e MariPaz Paz. Lamento profundamente a desaparición desta cita semanal que gozaba de tan boa saúde a través da súa difusión na rede. Vaise o programa mais quedan os amigos. Até sempre.
Poesía de Fran Alonso, en La Voz en Espiral
Este pasado martes emitiuse unha nova entrega do programa semanal «La Voz en Espiral» centrado na difusión da poesía. Requiríuseme unha intervención arredor da obra poética de Fran Alonso ao fío da publicación do seu Transición e velaquí a crónica do programa que realizaron os seus responsábeis -Suso Díaz e Mari Paz Paz-, onde se inclúe o podcast do programa.
Miguel Anxo Fernán Vello en La Voz en Espiral
O pasado martes boa parte dos contidos do programa semanal La Voz en Espiral, dirixido por Suso Díaz e MariPaz Paz e emitido desde Radio Fórum de Mérida, centrouse nun achegamento panorámico á obra de Miguel Anxo Fernán Vello ao fío da súa edición bilingüe do Territorio da desaparición. Deixo aquí, para quen lle interese, a ligazón do podcast desta entrega.
Poesía galega en La Voz en Espiral (Fernández Naval e C. Rodríguez Fer)
Os amigos de La Voz en Espiral, o programa semanal emitido desde Radio Fórum de Mérida, alén de entrevistar ao poeta e editor José María Cumbreño, volveron transitar outra vez polos eidos da poesía galega, cos ollos postos tanto en Bater de sombras de Francisco Xosé Fernández Naval, agora traducido en edición bilingüe co título de Golpear de sombras, como na edición da obra poética -case- completa de Claudio Rodríguez Fer que ve a luz baixo o título de Amores e clamores e da que máis adiante me ocuparei por escrito.
Deixo aquí o audio da gravación para quen lle interese seguir os contidos do programa. Beizón aos responsables do programa polo esforzo na divulgación da poesía, e da poesía galega en xeral.
josemcumbrenoramonnicolasientrega-vozespiral-ivoox849421
La Voz en Espiral (2ª tempada)
Que haxa un programa de radio, e falo de La Voz en Espiral, emitido por Radio Fórum desde Mérida e dedicado integramente á poesía é cousa, hoxe en día, case pasmosa; que o devandito programa comece unha nova andaina logo dun ano de emisión é case inaudito e a explicación só se pode atopar na teimosía e bo facer dos seus responsables: Suso Díaz e MariPaz Paz, alén da colaboración dalgunhas outras persoas e institucións que están detrás do proxecto desde o primeiro día.
Por riba, a emisión, que se pode seguir a través dun arquivo de podcast, amosa unha especial sensibilidade, case diría que devoción, polo universo lírico galego, o que sempre é de agradecer. Vaian desde aquí os meus parabéns pola continuidade desta iniciativa, os meus azos para esta nova tempada e os meus desexos dunha moi proveitosa traxectoria.