-
Lista de ligazóns (blogroll)
- A canción do náufrago
- A noite branca
- A sega
- Alvarellos Editora
- As crebas
- As escollas selectivas
- Asociación de Escritores en Lingua Galega
- Biblos
- Blog Centenario Francisco Fernández del Riego
- Blog de Agustín Fernández Paz
- Blog Galaxia
- Blog Kalandraka
- Blog Toxosoutos
- Blog Trifolium
- Blog Xerais
- Bouvard e Pécuchet
- Brétemas
- Cabaret Voltaire
- Cabrafanada
- Carta Xeométrica
- Ferradura en tránsito
- Fervenzas literarias
- Ler e ver
- O levantador de minas
- O porto dos escravos
- Trafegando ronseis
- Un ollo de vidro
- Web Celso Emilio Ferreiro
-
Álvaro Cunqueiro "Culturas" Agustín Fernández Paz Baldo Ramos Begoña Caamaño Biblos Celso Emilio Ferreiro Claudio Rodríguez Fer Consello da Cultura Galega Edicións Xerais Edicións Xerais de Galicia Editorial Galaxia Entrevista Espiral Maior Faktoría K de Libros Fran Alonso Francisco Castro Galaxia IES Valadares Iolanda Zúñiga Kalandraka Laiovento La Voz de Galicia La Voz en Espiral Letras Galegas Lois Pereiro Luís Ferreiro Manuel Bragado Manuel Rivas Manuscrito manuscritos María Reimóndez Marcos Calveiro Miro Villar Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro Poesía Qué leer Roberto Vidal Bolaño Rosalía de Castro Toxosoutos Trifolium TVG Valentín Paz Andrade video Xerais Adianto editorial (2)
Adianto reseña (1)
Álbum ilustrado (48)
Antoloxía (1)
Apuntamento (1)
Arte (3)
Artigo (6)
Banda deseñada (4)
Biografía (16)
Blogue (9)
Booktrailer (1)
Catálogo expositivo (5)
Celso Emilio Ferreiro (164)
Cine (6)
Club de Lectura (3)
Convocatoria (31)
Crítica (23)
Crítica literaria (291)
Crónica (79)
crowdfunding (1)
Curso (3)
Día das Letras (40)
Divulgación (189)
Docencia (2)
Documental (4)
Editorial (5)
Efeméride (23)
Ensaio (100)
Entrevistas (51)
Exposición (3)
Faladoiro (4)
Fotografía (7)
Gastronomía (2)
guión (1)
Historia (2)
Homenaxe (13)
Ilustración (2)
Inédito (1)
internet (4)
Lectura (5)
Libro ilustrado (6)
Libro lecer (3)
Lingua galega (1)
Literatura (21)
Literatura galega (26)
Literatura infantil (28)
Literatura xuvenil (16)
Manuscrito (106)
Música (15)
Narrativa (128)
Necrolóxica (1)
Noticia (24)
Noticia literaria (13)
Novela (13)
Novela gráfica (5)
Novidades editoriais (16)
Obituario (1)
Opinión (68)
Poesía (147)
Premio (43)
Presentación (23)
Programa radiofónico (13)
Promoción da lectura (4)
Recomendacións (1)
Recursos didácticos (8)
Reedición (2)
Relatos (7)
Reportaxe (1)
Revista (18)
Roberto Vidal Bolaño (2)
Romanceiro (1)
Sen clasificar (6)
Teatro (11)
Televisión (6)
Textos (3)
Tradución (42)
Unidade didáctica dixital (1)
Valentín Paz Andrade (12)
Varios (30)
Vendas (1)
Video (73)
Video promocional (3)
Xornalismo (9)
WP Cumulus Flash tag cloud by Roy Tanck and Luke Morton requires Flash Player 9 or better.
Meta
Tag Archives: Radio Galega
Prexuízos lingüísticos
Non adoito ocuparme destes temas vinculados coa lingua galega nesta bitácora pero teño para min que esta gravación pode constituír unha ferramenta moi útil para avaliar como están aínda moi vivos os prexuízos lingüísticos contra o noso idioma. A gravación correspóndese á emisión do 17 de decembro de 2012 do programa ‘Pensando en ti’ da Radio Galega, que conduce Alberto Freire. Nun determinado momento unha oínte chama, indignada, para se queixar de que o locutor, vaia ocorrencia a do locutor!, fale en galego. Como se di do porco, non se desaproveita nadiña.
Entrevista sobre «Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro» no Diario Cultural
O Diario Cultural da Radio Galega convidoume a dialogar arredor de Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro. A miña gratitude a Ana Romaní, directora do programa e, nesta ocasión, responsable da entrevista. A conversa pódese escoitar premendo aquí.
VI Premio Diario Cultural de Teatro radiofónico (Radio Galega)
VI Premio Diario Cultural de Teatro radiofónico (Radio Galega)
Xerais, Vigo, 72 páxinas, 15,55 € (+ cedé)
Sigo con especial atención as convocatorias -e xa van media ducia- deste singular galardón que organiza o programa Diario Cultural da Radio Galega e que se materializa nunha publicación que vai dando conta dunha modalidade teatral como é a radiofónica e que, ao meu ver, goza claramente doutras posibilidades efectivas, útiles e rendibles, por exemplo no ámbito da docencia.
Bo é, así pois, volver os ollos a esta publicación aparecida hai xa algúns meses e, talvez aínda máis, valorar no seu conxunto o que significa unha achega conformada, até o de agora, por estes seis volumes publicados deica hoxe valorándoos como mostra dun xénero – o das publicacións teatrais- que sofre moi intensamente as dificultades dunhas circunstancias como as actuais.
Nesta ocasión, os traballos galardoados que aquí se inclúen, reproducidos asemade nun cedé e prologados polo actor e director teatral Evaristo Calvo, veñen da man de Eva F. Ferreira -premio do xurado- co texto «Poema sinestésico para tres voces e un can», onde salienta o coidado depositado nun rexistro de vocación claramente literaria, a inequívoca vontade de destruír xéneros, ou fundilos se cadra, e a atención dispensada á estética do absurdo, extraordinariamente operativa para construír unha visión crítica.
O premio da audiencia recaeu en «Intercom-Baby», de María Bañobre e Santiago Cortegoso quen, optando por un discurso máis cotián igualmente evidencian tics obsesivos da nosa sociedade, neste caso xogando con acerto á ambigüidade e á suxestión, tamén ao que está -ou poder estar- fóra de control.
Por último, integran o volume os textos »Quendas» de Zé Paredes, un ben construído discurso cheo de intención crítica onde a tensión se dosifica acaidamente, e mais «Ironías» de Carlos Losada Galiñáns, dominado por unha vontade irónica, raiando igualmente co absurdo mais talvez -case- real.
Agardo xa á sétima convocatoria e a súa publicación. Hoxe, coma sempre, o teatro é tamén unha necesidade.
Novas CEF (I)
Inauguro hoxe unha sección de apuntamentos que, ao longo dos vindeiros meses, estarán centrados en espallar cuestións relativas á celebración do Ano Celso Emilio Ferreiro.
E comezo dando conta dunha espléndida nova, que xa circula desde hai días pola rede, como é a posta en marcha dunha completa web centrada no autor celanovés, dependente da Fundación CEF, que se debería converter tanto nunha ferramenta de utilidade para saber máis arredor da biografía e mais a obra de CEF como nun lugar de encontro para coñecer as actividades que se celebrarán este ano.
Por outro lado deixo aquí, por se resultase de interese para alguén, a ligazón que dirixe ao podcast do Diario Cultural da Radio Galega, correspondente ao 3 de xaneiro de 2012, véspera xustamente do centenario, onde participei xunto con Anxo Quintela e Xosé María Álvarez Cáccamo nun longo faladoiro arredor da figura de CEF.
Por último unha presentación. O vindeiro venres, ás 20 horas, na Libraría Librouro, de Vigo, Eduardo Iglesias 12, presentarase o monográfico de Arraianos nº 9: Celso Emilio fai 100 anos. Música e palabras arraianas para a memoria de CEF.
V Premio Diario Cultural de teatro radiofónico
V Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico
Edicións Xerais-Radio Galega, Vigo, 2011, 80 páxinas, 15,55 euros
Sigo, case afirmaría que con devoción, as propostas que se van coñecendo nas sucesivas convocatorias do concurso de teatro radiofónico que organiza a Radio Galega anualmente e, xaora, as respectivas publicacións que recollen con puntualidade, da man de Edicións Xerais e desde hai cinco anos, a totalidade dos galardóns outorgados. Por iso é ben tempo que, malia que sexa brevemente, se dea conta desta iniciativa que, outra vez, inclúe un cedé coas gravacións dos textos teatrais e mais o libro que agrupa a proposta dos textos finalistas e daquela que foi galardoada nesta ocasión, concitando os favores tanto da audiencia coma do xurado profesional, composto por Ana Vallés –prologuista tamén do libro-, Vanesa M. Sotelo, Camilo Franco, Ana Rosales, Ana Romaní e Anxo Quintela.
X.M. Pacho Blanco, coñecido ata agora pola suxestiva A choiva do mundo, anovadora proposta coa que gañara o premio Torrente Ballester en 2007, é quen subscribe o dobremente premiado Paraísos, onde formula unha alternativa tematicamente inusual entre nós, alicerzada desde un espírito subversivo que apunta ao cuestionamento da propia realidade. Nela fai uso dun rendible recurso como é o de ofrecer teatro dentro do teatro e impulsar deste xeito o protagonismo da propia radio na peza pois esta aparece articulada a través de cortes de carácter informativo arredor dun accidente sufrido polo rei de España, que se vai enlazando con entrevistas, como a que se ofrece con Roberto Bolaño, e outras historias particulares, ningunha delas exenta dun pouso crítico, mesmo provocador, e desde as que se cuestionan moitas cousas.
Nese ronsel certamente reivindicativo, no que parece un factor común dos textos teatrais galardoados, foron Eva Freixeira Ferreira, Rebeca Montero Martínez e mais Manuel Román quen completan esta entrega erixindo uns textos que suscitan, respectivamente, reflexións sobre asuntos como a bulimia e a tolemia, a práctica dun xornalismo hipócrita e alleo a calquera comportamento ético e, finalmente, a reivindicación dos valores que encerra a liberdade abeirándose á fórmula do teatro do absurdo. Todos eles veñen sumarse con merecemento á nómina de propostas teatrais-radiofónicas ao servizo dos lectores, sexan estes afeccionados ou non a este formato tan singular desde o que se ofrece un espazo aberto e creativo para a intervención e imaxinación de quen le, mais tamén de quen escoita. Non esquezo, finalmente, que esta iniciativa se trata, ao tempo, dun magnífico recurso para desenvolver algunhas prácticas docentes e fago os meus votos para que este galardón continúe, con tan boa saúde, moitas convocatorias máis.
Esta reseña publicouse baixo o título de «Teatro nas ondas» nas páxinas do suplemento Culturas, de La Voz de Galicia, o 17 de setembro de 2011.

