-
Lista de ligazóns (blogroll)
- A canción do náufrago
- Alvarellos Editora
- As crebas
- As escollas selectivas
- Asociación de Escritores en Lingua Galega
- Biblos
- Blog Galaxia
- Blog Kalandraka
- Blog Toxosoutos
- Blog Trifolium
- Blog Xerais
- Bouvard e Pécuchet
- Brétemas
- Cabaret Voltaire
- Cabrafanada
- Carta Xeométrica
- Ferradura en tránsito
- Fervenzas literarias
- La Voz en Espiral
- Ler e ver
- O levantador de minas
- O porto dos escravos
- Pez de plata
- Trafegando ronseis
- Un ollo de vidro
- Web Celso Emilio Ferreiro
-
Álvaro Cunqueiro Agustín Fernández Paz Alvarellos Editora Antonio García Teijeiro Baldo Ramos Biblos Buenos Aires Cabalo de ouros Celso Emilio Ferreiro Claudio Rodríguez Fer Consello da Cultura Galega Despois da medianoite Diego Ameixeiras Edicións Xerais Edicións Xerais de Galicia Editorial Galaxia Espiral Maior Faktoría K de Libros Fran Alonso Francisco Castro Galaxia Iolanda Zúñiga Kalandraka Laiovento La Voz en Espiral Letras Galegas Lois Pereiro Longa noite de pedra Manuel Rivas María Reimóndez María Xosé Queizán Marcos Calveiro Miguel Anxo Fernán-Vello Miro Villar Periferia Qué leer Radio Fórum Rosalía de Castro Salma Toxosoutos Trifolium Víctor F. Freixanes Valentín Paz Andrade video Xerais Álbum ilustrado (27)
Arte (1)
Biografía (11)
Blogue (4)
Catálogo expositivo (4)
Celso Emilio Ferreiro (62)
Cine (2)
Convocatoria (17)
Crítica (11)
Crítica literaria (160)
Crónica (68)
Día das Letras (28)
Divulgación (37)
Docencia (1)
Efeméride (15)
Ensaio (68)
Entrevistas (21)
Exposición (2)
Faladoiro (1)
Fotografía (4)
Gastronomía (2)
guión (1)
Homenaxe (6)
Ilustración (1)
internet (3)
Libro lecer (2)
Literatura (9)
Literatura infantil (16)
Literatura xuvenil (9)
Música (4)
Narrativa (83)
Noticia (11)
Noticia literaria (9)
Novela (3)
Novela gráfica (3)
Novidades editoriais (12)
Opinión (38)
Poesía (86)
Premio (17)
Presentación (6)
Programa radiofónico (11)
Recursos didácticos (4)
Reedición (2)
Relatos (3)
Revista (13)
Romanceiro (1)
Sen clasificar (3)
Teatro (5)
Televisión (5)
Textos (3)
Tradución (31)
Valentín Paz Andrade (11)
Varios (19)
Video (41)
Video promocional (3)
Xornalismo (6)
WP Cumulus Flash tag cloud by Roy Tanck and Luke Morton requires Flash Player 9 or better.
Meta
Tag Archives: Rosalía de Castro
Rosalía na voz de Celso Emilio Ferreiro
o antigo donaire,
a frol que non se murcha,
a serán sosegada,
a mansa pomba,
a luz da fe, na interminabel tebra.
Direille, Rosalía.
(«Miña matria Galicia», Celso Emilio Ferreiro)
De Vidal Bolaño a Rosalía
A obra dramática de Roberto Vidal Bolaño
Laiovento-Xunta de Galicia, Santiago, 590 páxinas, 26 euros
Xesús Alonso Montero (director)
Revista de estudos rosalianos, nº 4
Fundación Rosalía de Castro, Padrón, 328 páxinas
VIDAL BOLAÑO: UNHA REVISIÓN NECESARIA
Cómpre entender como unha magnífica noticia a publicación dunha síntese da tese de doutoramento que Xosé M. Fernández Castro defendeu no seu día e que agora ve a luz baixo o título de A obra dramática de Roberto Vidal Bolaño. Unha proposta que cómpre valorar na súa xusta medida nun tempo en que a edición de textos ensaísticos conleva un inequívoco risco comercial que fai complexa a súa posta en circulación. Con todo, o dramaturgo Vidal Bolaño merecía por méritos propios unha monografía como a presente na que se afonda na carreira profesional do home de teatro en dúas liñas principais; unha delas amosa as claves principais da súa personalidade pública, internando aos lectores nos elementos máis substanciais da súa vida, obra e pensamento para, a continuación, abordar unha análise globalizadora, e exhaustiva, arredor de Agasallo de sombras nun exercicio que fai agromar de seu as liñas esenciais do traballo teatral de Vidal Bolaño na perspectica dramatolóxica, subliñando asemade moitas das polémicas que rodearon “o elenco e a estrutura do Centro Dramático Galego”, como sinala o propio autor.
A miña valoración deste ensaio ten que ser, á forza, positiva e satisfactoria. Reclama xustamente a atención dos lectores sobre o traballo e a personalidade dunha das persoas claves no desenvolvemento da nosa dramaturxia máis recente, fai pensar na necesidade de realizar unha edición moderna das súas pezas dramáticas e, por último, revela a rigorosidade que o autor do ensaio aplicou neste traballo pois alén do esforzo que supón dialogar coa bibliografía previa é doado constatar o intenso mergullo na tarefa de recadar material todo tipo para a redacción: entrevistas, cartas, consulta de fontes hemerográficas… Todo isto faime pensar que non estou errado se considero esta monografía como unha das achegas ensaísticas máis salientables e relevantes entre as publicadas no que vai de ano, ademais teño para min que a súa publicación non debería nin merecería pasar desapercibida.
ROSALÍA DE CASTRO: NOVOS ASEDIOS
Un amigo agasállame co que entendo outra feliz iniciativa, tras un ano de obrigado silencio por cuestións orzamentarias, como é a publicación da cuarta entrega da Revista de estudos rosalianos, que edita a Fundación Rosalía de Castro e mais o Centro de Estudos Rosalianos. A publicación, dirixida por Xesús Alonso Montero, recupera o seu pulso e volve converterse nunha cita ineludible para os rosaliólogos, mais tamén tamén para quen lle interese estar ao día no ámbito das novas investigacións que se realizan arredor da autora de Follas Novas.
Non hai espazo para dar conta aquí nin sequera da abondosa nómina dos colaboradores deste número. Con todo, gustaríame subliñar a inclusión de sempre rigorosos e perfilados capítulos verbo de cuestións biográficas de Rosalía, como o que vén da man dunha das mellores especialistas na materia, Victoria Álvarez Ruiz de Ojeda arredor, nesta ocasión, de José Martínez, pai de Rosalía. Non esquezo outras propostas como as que revisan a súa obra á luz de novas visións críticas, xunto con lecturas de libros rosalianos, comentarios textuais, exhumacións poéticas ou unha entrevista con Takekazu Asaka, que revela interesantes informacións verbo da recepción da obra de Rosalía no Xapón.
Non quixera concluír sen insistir na pertinencia de novas seccións como a que incorpora visións plásticas sobre Rosalía da man de Antón Pulido ou Isaac D. Pardo; a que dá corpo ao epígrafe titulado “o meu encontro con Rosalía”, neste caso da man de Manuel Sánchez Salorio ou, finalmente, a sección que convida a escribir ficción cun fondo ou asunto rosaliano, respondendo ao pedimento no presente número Mª. X. Queizán e mais M. Zabal, con dous suxestivos textos. Unha entrega que mata a sede de saber sobre Rosalía, esperando que sexa de aquí a un ano.
Esta recensión publicouse co título que dá encabeza este post nas páxinas do suplemento «Culturas», de La Voz de Galicia, o 5 de novembro de 2011.
FerrolAnálisis 25
FerrolAnálisis, nº 25
Club de Prensa de Ferrol, Ferrol, 312 páxinas, 18 €, 2010.
Chega á súa vixésimo quinta entrega esta revista, tras vinte longos anos de andaina, mantendo as esencias iniciais do proxecto como son a pluralidade e mais a rigorosidade de contidos e colaboracións, arroupada por un tratamento estético extraordinariamente coidado e ben pouco común entre as revistas de pensamento e cultura. A revista, dirixida agora por J.A. Ponte Far, conta tamén, entre outras persoas que a fan posible, co bo facer de Luís Mera Naveiras.
Nesta ocasión, como sinala o director da mesma, baixo a premisa de “observar e reflexionar sobre a realidade máis próxima para transcender ó máis universal”, agrúpanse as colaboracións a través de sete seccións, entre as que non se esquece certo compoñente conmemorativo no que se refire a cinco persoeiros da arte e da literatura como son Rosalía de Castro, no seu 125 cabodano, a respecto da cal Francisco Rodríguez se achega analiticamente ao asunto do traslado dos seus restos mortais; Luís Seoane, con valiosos documentos e testemuños inéditos até o de agora, incluíndo textos de Carlos Gurméndez ou Francisco X. Fernández Naval; Gonzalo Torrente Ballester, a través dunha análise da novela Farruquiño que leva a cabo Ponte Far desde a perspectiva da teoría novelística de Cervantes e, finalmente, Xohana Torres –con propostas interpretativas de Méndez Ferrín ou Teresa Bermúdez entre outros, xunto cun espazo dedicado a Rogelio Groba, pola súa vinculación con Ferrol.
Destaco, un tanto inxustamente pois resulta imposible abranguer aquí nin sequera os contidos dunha mínima parte deles, só algúns dos artigos que me semellaron de maior interese xeral. No primeiro bloque, titulado “Arte e Arquitectura”, subliñaría os artigos de Luís Mera, que se achega, nun meritorio traballo de investigación e interpretación, á música e mais á política no holocausto nazi (1933-1945); neste bloque tamén Mercedes Puyol inclúe unha interesante análise arredor de Thomas Slater, músico ferrolán.
A sección “Pensamento e Política” recupera, entre outros, artigos de e sobre José Vidal-Beneyto, por mor do seu recente falecemento, alén dunha interesante achega sobre o IRA, o proceso de Paz e mais a resolución do conflito, a cargo de Francis Stuart Ross.
Literariamente non quero esquecer a noticia que ofrece Juan J. Burgoa sobre o literato galego-castelán Domingo Díaz de Robles ou a suxestiva aproximación á narrativa do tamén ferrolán Ramón Loureiro, a cargo de Miguel Carlos Vidal.
Outros textos na sección “Curso Carlos Gurméndez”, “Ciencia e tecnoloxía”, “Defensa e seguridade”, “Creación” (a cargo de Yanelis Velazco) poñen o ramo a esta intensa e máis que satisfactoria entrega que se complementa co vixésimo cuarta entrega dos coidados Cadernos de FerrolAnálisis, nesta ocasión dedicada á figura de Pablo Iglesias: un volume que presenta un gran valor documental e histórico, por mor dos cen anos de socialismo parlamentario (1910-2010).
Breviario, en Biblos nº 49
Lois Pereiro. Apenas uns meses andados deste 2011 resulta unha evidencia o interese suscitado no ámbito editorial pola obra literaria do escritor monfortino. Non chegan os dedos das mans para contar xa as monografías, inéditos, reedicións e investigacións que xa apareceron no mercado e non é difícil conxecturar que aínda serán bastantes máis nestes meses próximos. Achegas como as que realizaron, entre as que puiden coñecer até agora, Ouvirmos ou Positivas; ademais de traballos como os que subscribiu Antón Patiño, resultaron xa extraordinariamente suxestivos, rompendo moitos tópicos preconcibidos e descubrindo sorprendentes claves interpretativas da súa obra. Estou convencido de que a estes se xuntarán outros volumes que cumprirá ter ben en conta.- Rosalía de Castro. O pasado día 24 de febreiro enxalzouse, talvez non como un desexaría, a figura de Rosalía por mor dos 177 anos que median desde o seu nacemento. Son dos que pensa que o seu legado literario é dos que está sempre de actualidade e que unha das mellores maneiras de homenaxeala é, simplemente, ler ou reler os seus poemas e os seus textos en prosa. Para iso existen excelentes edicións da súa obra como as publicadas en Sotelo Blanco, Xerais, Alvarellos, Galaxia, proximamente de Auga Editora ou as da propia Fundación Rosalía, entre outras. Por outra parte, non está de máis botar unha ollada ás interpretacións máis recentes da súa obra. Neste sentido, ensaios como os de Pilar García Negro ou o último número da revista dirixida por María Xosé Queizán -Festa da palabra silenciada, nº 26- non defraudarán.
- Álvaro Cunqueiro. Chegou xa o centenario do nacemento do escritor mindoniense. Polo de agora, talvez sexa cedo de máis, mais editorialmente só se pode consignar a aparición dunha edición –Viaje a Lugo- que compila os seus textos dedicados á cidade de Lugo por Alvarellos Editora nunha rigorosa edición a cargo da profesora María Xesús Nogueira. Agardamos que as achegas dedicadas ao autor de Merlín e familia vaian deixándose ver pois non é ben desaproveitar unha ocasión coma esta para popularizar e actualizar a súa vizosa obra literaria.
Poesía de Rosalía e Emilio Pita para nenos e nenas
Rosalía de Castro (texto) e Isabel Pintado (ilustracións)
Parece unha rosa
Espiral Maior, Lúa Lueira, nº 1, Curtis-Culleredo, 2010, 14 €
Emilio Pita (texto) e Isabel Pintado (ilustracións)
Cantiga do mazarico
Espiral Maior, Lúa Lueira nº 2, 25 pp., Curtis-Culleredo, 2010, 14 €
Estrea colección Espiral Maior dedicada aos lectores máis novos e faino, tras a afortunada edición dun poema ilustrado de Xosé María Álvarez Blázquez titulado «O año pitaño», nun formato acaído para o obxectivo, ofrecendo senllas pezas, poéticas por suposto, marcadas pola sinxeleza e mais por un intenso e optimista ritmo interno que, desde o punto de vista do acompañamento visual, veñen da man de Isabel Pintado, pintora madrileña residente en Galicia.
Mentres que a primeira delas, «Parece unha rosa», achega a voz de Rosalía de Castro, reproducindo un coñecido poema de Cantares Gallegos modernizando o contexto a través das propias ilustracións, a segunda ofrece a voz de Emilio Pita, a través do seu rítmico e neopopularista poema «Cantiga do mazarico». Ambos os dous textos, moi respectuosos coa lingua orixinal na que foron escritos, constitúen unha feliz iniciativa que pretende, deste xeito, facilitar a difusión da poesía galega entre os máis pequenos.


