Tag Archives: Suso Díaz

Adeus a La Voz en Espiral

La Voz en Espiral conclúe a súa andaina tras dous anos de emisión. Un proxecto que naceu para promocionar a poesía, en todas as linguas, a través de Radio Forum, en Mérida, mercé á iniciativa dos galegos Suso Díaz e MariPaz Paz. Lamento profundamente a desaparición desta cita semanal que gozaba de tan boa saúde a través da súa difusión na rede. Vaise o programa mais quedan os amigos. Até sempre.

Chuzame! A Facebook A Twitter
Na categoría Crónica, Programa radiofónico | Coas etiquetas , , , , | 2 Comentarios

Dous novos blogues: Pensamentos de Olafson Mokk e As escollas selectivas

Nacen dous blogues dos que me resulta moi grato dar conta deles, tanto polo afecto e admiración que sinto polos seus responsables como por conxecturar que serán bitácoras de longa vida e moi visitadas polos usuarios.

     Un é o bautizado como Pensamentos de Olafson Mokk, que chega do teclado de Alfonso Álvarez Cáccamo. A bitácora,  ao que se ve, inspírase nos eidos líricos da ironía palindronómica e promete -isto é suposición pero non será difícil constatalo- reflexións gobernadas polo enxeño, a lóxica esmagadora, a visión retranqueira  e a agudeza analítica que sempre caracterizou a escrita deste biógrafo, narrador e poeta que é Alfonso Álvarez Cáccamo.

    Por outro lado, As escollas selectivas, que conta xa con algunha semana de vida, inspírase nun principio como é o da divulgación do feito poético galego contemporáneo coa única condición de que quen apareza aí sexa nomeado previamente por outro poeta. Unha bitácora que irá medrando aos poucos e que, sospeito, pode converterse nun repositorio poético contemporáneo de extraordinaria utilidade. Os meus parabéns e moita sorte para esta iniciativa privada, que vén da man dos amigos Suso Díaz e mais Maripaz Paz.

Chuzame! A Facebook A Twitter
Na categoría Blogue, internet, Noticia | Coas etiquetas , , , , | Leave a comment

La Voz en Espiral (2ª tempada)

 

Que haxa un programa de radio, e falo de La Voz en Espiral, emitido por Radio Fórum desde Mérida e dedicado integramente á poesía é cousa, hoxe en día, case pasmosa; que o devandito programa comece unha nova andaina logo dun ano de emisión é case inaudito e a explicación só se pode atopar na teimosía e bo facer dos seus responsables: Suso Díaz e MariPaz Paz, alén da colaboración dalgunhas outras persoas e institucións que están detrás do proxecto desde o primeiro día.

Por riba, a emisión, que se pode seguir a través dun arquivo de podcast, amosa unha especial sensibilidade, case diría que devoción, polo universo lírico galego, o que sempre é de agradecer. Vaian desde aquí os meus parabéns pola continuidade desta iniciativa, os meus azos para esta nova tempada e os meus desexos dunha moi proveitosa traxectoria. 

Chuzame! A Facebook A Twitter
Na categoría Crónica, Divulgación, Poesía, Programa radiofónico | Coas etiquetas , , , , | 2 Comentarios

Conversa sobre Cunqueiro en "La Voz en Espiral" (Radio Fórum de Mérida)

O 15 de marzo, Suso Díaz e Mari Paz, responsables do programa radiofónico «La Voz en Espiral», que se emite cada martes, de 18 a 19 horas en  Radio Forum de Mérida, e que pretende difundir o feito poético e literario en xeral cun programa que conxuga poesía, música, lecturas e entrevistas, ofrecéndose posteriormente a quen lle interese a través de podscasts que permiten  acceder a estas gravacións desde calquera lugar da rede, convidáronme para manter un diálogo sobre aspectos poéticos e biográficos de Álvaro Cunqueiro, por mor do centenario do seu nacemento.

Quixo a fortuna que este programa acollera, na súa primeira parte, unha interesante entrevista con Pere Gimferrer, que recomendo moi vivamente, na que fala sobre Cunqueiro e, loxicamente, sobre a súa propia obra.  Pódese escoitar a entrevista a través do blogue  do programa onde, ao tempo, aparecen referidos algúns dos contidos que se trataron.

Moitas grazas aos responsables desta iniciativa tan pouco común nestes tempos, e parabéns tanto por esa teimuda vontade que exhiben á hora de espallar e difundir a poesía como pola especial sensibilidade que amosan para as nosas letras, desde Mérida.

A poeta galega Déborah Vukusic con Suso Díaz e Mari Paz nunha gravación
Chuzame! A Facebook A Twitter
Na categoría Entrevistas, Programa radiofónico | Coas etiquetas , , , , | 2 Comentarios