-
Lista de ligazóns (blogroll)
- A canción do náufrago
- A noite branca
- A sega
- Alvarellos Editora
- As crebas
- As escollas selectivas
- Asociación de Escritores en Lingua Galega
- Biblos
- Blog Centenario Francisco Fernández del Riego
- Blog de Agustín Fernández Paz
- Blog Galaxia
- Blog Kalandraka
- Blog Toxosoutos
- Blog Trifolium
- Blog Xerais
- Bouvard e Pécuchet
- Brétemas
- Cabaret Voltaire
- Cabrafanada
- Carta Xeométrica
- Ferradura en tránsito
- Fervenzas literarias
- Ler e ver
- O levantador de minas
- O porto dos escravos
- Trafegando ronseis
- Un ollo de vidro
- Web Celso Emilio Ferreiro
-
Álvaro Cunqueiro "Culturas" Agustín Fernández Paz Baldo Ramos Biblos Celso Emilio Ferreiro Claudio Rodríguez Fer Consello da Cultura Galega Edicións Xerais Edicións Xerais de Galicia Editorial Galaxia Entrevista Espiral Maior Faktoría K de Libros Fran Alonso Francisco Castro Galaxia IES Valadares Iolanda Zúñiga Kalandraka Laiovento La Voz de Galicia La Voz en Espiral Letras Galegas Lois Pereiro Luís Ferreiro Manuel Bragado Manuel Rivas Manuscrito manuscritos María Reimóndez Marcos Calveiro Miro Villar Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro Poesía Qué leer Roberto Vidal Bolaño Rosalía de Castro Toxosoutos Trifolium TVG Valentín Paz Andrade video Vigo Xerais Adianto editorial (2)
Adianto reseña (1)
Álbum ilustrado (47)
Antoloxía (1)
Apuntamento (1)
Arte (3)
Artigo (6)
Banda deseñada (4)
Biografía (16)
Blogue (9)
Booktrailer (1)
Catálogo expositivo (4)
Celso Emilio Ferreiro (164)
Cine (6)
Club de Lectura (3)
Convocatoria (31)
Crítica (23)
Crítica literaria (288)
Crónica (79)
crowdfunding (1)
Curso (3)
Día das Letras (40)
Divulgación (182)
Docencia (2)
Documental (4)
Editorial (5)
Efeméride (23)
Ensaio (99)
Entrevistas (51)
Exposición (2)
Faladoiro (4)
Fotografía (7)
Gastronomía (2)
guión (1)
Historia (2)
Homenaxe (13)
Ilustración (2)
Inédito (1)
internet (4)
Lectura (5)
Libro ilustrado (5)
Libro lecer (3)
Lingua galega (1)
Literatura (20)
Literatura galega (23)
Literatura infantil (27)
Literatura xuvenil (16)
Manuscrito (104)
Música (14)
Narrativa (127)
Necrolóxica (1)
Noticia (24)
Noticia literaria (13)
Novela (13)
Novela gráfica (5)
Novidades editoriais (14)
Obituario (1)
Opinión (67)
Poesía (145)
Premio (43)
Presentación (23)
Programa radiofónico (13)
Promoción da lectura (4)
Recomendacións (1)
Recursos didácticos (8)
Reedición (2)
Relatos (7)
Reportaxe (1)
Revista (18)
Roberto Vidal Bolaño (2)
Romanceiro (1)
Sen clasificar (6)
Teatro (10)
Televisión (6)
Textos (3)
Tradución (42)
Unidade didáctica dixital (1)
Valentín Paz Andrade (12)
Varios (30)
Vendas (1)
Video (73)
Video promocional (3)
Xornalismo (9)
WP Cumulus Flash tag cloud by Roy Tanck and Luke Morton requires Flash Player 9 or better.
Meta
Tag Archives: The Good Wife
De Fringe a Sons of Anarchy: a importancia dos guionistas
Lamento non lembrar quen, pero teño a certeza que algún internauta deixou por algures unha reflexión na que sinalaba que a gran literatura actual se cocía enriba das mesas dos guionistas das teleseries norteamericanas. Pola miña parte non me atrevo a afirmalo con tanta rotundidade, sobre todo porque non é doado avaliar como inflúe o medio televisivo ou o cinematográfico no ámbito estritamente literario, e ao contrario. Con todo, éme difícil resistirme, desde hai algúns anos e mercé á xenerosidade dun amigo, a valorar estas series ideadas para o consumo televisivo non só desde a óptica dos aspectos cinematográficos que encerran, nos que pouco entendo fóra de recoñecer a adecuación e verosimilitude dos papeis desempeñados por actores e actrices, o atinado do labor de dirección ou realización, mesmo a pertinencia ou idoneidade, ou non, das respectivas bandas sonoras. Chámame a atención nas máis destas grandes producións a milimetrada construción de mundos de ficción que acaban por ser, nalgúns casos, sorprendentemente críticos con determinadas realidades da política ou da idiosincrasia dos EUA que, queirámolo ou non, se proxectan con escasas barreiras na nosa vida cotiá. Ideas, por certo, que xorden nun sector profesional no que a paridade xenérica é un desideratum ben lonxe de acadar.
Para testemuñalo remito a cada unha das tempadas que van de Fringe a Madmen, pasando polos Soprano, Dexter, The good wife, Boston Legal, Damages (Danos e prexuízos) ou a sorprendente Sons of Anarchy (unha panda sobre rodas de estética custom cunha moi suxestiva e rendible conexión irlandesa), entre tantas outras.
No desenvolvemento narrativo destes guións asúmense con naturalidade recursos que pouco teñen que envexar aos dos grandes narradores contemporáneos, de aí a solidez nos perfís dos personaxes, tantas veces sometidos ás súas propias contradicións, a exposición sorprendente dos progresos na investigación científica actual nalgúns casos -Fringe é un caso, neste sentido, paradigmático-, xiros inesperados nas liñas argumentais, fantástica recreación ambiental e histórica -por veces mesmo afectando aos rexistros expresivos-, mantemento exemplar da intriga, saltos no tempo que se asumen con naturalidade polo televidente, voces narrativas en off e tantos outros elementos que sería prolixo enumerar aquí. O labor excelente dos guionistas aínda brilla máis en todos eses casos devanditos, se couber, ao acompañarse da excelente factura cinematográfica que pon o cabo ao seu traballo. Todas elas son producións nas que hai un enorme investimento económico, boa parte do cal tamén é para os guionistas, eses escritores profesionais que parecen non existir mais que resultan fundamentais para a boa andaina do proxecto.
Fringe é unha das miñas favoritas. Fóra da trama, na que goza dun peso determinante iso que se dá en chamar «mundos paralelos», que admito pode interesar máis ou menos, dous capítulos da terceira tempada, un alicerzado no espírito da banda deseñada e outro que homenaxea o espírito do Frankestein de Mary Shelley, resultáronme antolóxicos pois neles a creación literaria case se toca cos dedos. Por todo iso eu agora tamén me pregunto onde vai Peter Bishop.
[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/b5uIjKGB3NQ" width="425" height="350" wmode="transparent" /]
Fundación Libélula, de Yashmina Shawki
Fundación Libélula
Xerais, Vigo, 2011, 96 pp., 14,50 €
Comeza esta proposta de Yashmina Shawki cunha avogada preparando as alegacións finais dun caso que ten practicamente perdido e evocando un grupo de mulleres que se cruzaron na súa vida, cos seus particulares problemas. O lector despistado pode prever unha trama xurídica á que tantas series televisivas norteamericanas, con capítulos procedementais e conclusivos en si mesmos, nos teñen afeito: léase “Boston Legal”, “The Good Wife” ou “The defenders”. Con todo nada que ver, porque esta autora de orixe galega e kurdo-iraquí opta por nos introducir, da man dese personaxe antes amentado, nunha trama no que o substancial resulta asistir ao proceso, duro proceso nas máis das ocasións, a través do cal un grupo de mulleres, con graves e por veces estremecedoras situacións persoais, van levando a cabo ata acadar certo estadio de normalidade nas súas vidas, algo que só conseguirán mercé ese “pequeno empurrón” que a avogada María Xosé Muradas é quen de ofrecerlles unha a unha articulándose para este efecto unha estrutura composta por círculos que se van estendendo coma se fosen arañeiras superpostas e cruzadas entre si para salientar esas situacións extremas polas que teñen que camiñar, case sempre en soidade, no gume dunha navalla aceirada para elas que simboliza a vida cotiá.
Shawki, así pois, coa probable intención de ofrecer unha proposta novelada arredor da dor e do sufrimento que vehiculizan unha moza secuestrada e obrigada á prostituírse por proxenetas, unha muller que soporta duras cargas familiares ou unha adolescente cargada de responsabilidades no medio dunha familia desestruturada, faino de xeito hiperrealista, se cadra con certa simplicidade e achegándose en ocasións ao ámbito do melodramático pero conseguindo alertar as conciencias dos lectores ao manexar no seu xusto límite as emocións que estas situacións poden producir no lector; mágoa, a pesar de todo, do que a novela gañaría de outorgarlle unha maior intensidade e profundidade a algúns personaxes ou, mesmo, de reducirse certa palpable tendencia a reducir todo, ou case todo, ao branco ou negro.
O máis determinante deste libro, ao meu ver, talvez o constitúa ese debullar explicitamente eses estados de discriminación, alleamento, inxustizas, desamparo e desesperación, insatisfacción e frustración, auténticos infernos por veces ocasionados polo estupro, as adiccións, a violencia machista ou por outros exercicios indiscriminados e execrables do poder. As mulleres sofren aquí diante dun cartel onde campea, unha e outra vez, a mensaxe de “no future” até que, nun determinado momento, son quen de dar un golpe na mesa, liberar fantasmas e, axudadas por un exercicio de solidariedade cargado de afectos, procuraren unha raiola de esperanza que sinale o camiño a seguir, tamén patentizado nesa Fundación Libélula que a avogada quere erixir como un fermoso legado particular.
Publicado nas páxinas do suplemento «Culturas» de La Voz de Galicia, o 26 de febreiro de 2011, baixo o título d´»O pequeno empurrón».
