-
Lista de ligazóns (blogroll)
- A canción do náufrago
- Alvarellos Editora
- As crebas
- As escollas selectivas
- Asociación de Escritores en Lingua Galega
- Biblos
- Blog Galaxia
- Blog Kalandraka
- Blog Toxosoutos
- Blog Trifolium
- Blog Xerais
- Bouvard e Pécuchet
- Brétemas
- Cabaret Voltaire
- Cabrafanada
- Carta Xeométrica
- Ferradura en tránsito
- Fervenzas literarias
- La Voz en Espiral
- Ler e ver
- O levantador de minas
- O porto dos escravos
- Pez de plata
- Trafegando ronseis
- Un ollo de vidro
- Web Celso Emilio Ferreiro
-
Álvaro Cunqueiro Agustín Fernández Paz Alvarellos Editora Antonio García Teijeiro Baldo Ramos Biblos Buenos Aires Cabalo de ouros Celso Emilio Ferreiro Claudio Rodríguez Fer Consello da Cultura Galega Despois da medianoite Diego Ameixeiras Edicións Xerais Edicións Xerais de Galicia Editorial Galaxia Espiral Maior Faktoría K de Libros Fran Alonso Francisco Castro Galaxia Iolanda Zúñiga Kalandraka Laiovento La Voz en Espiral Letras Galegas Lois Pereiro Longa noite de pedra Manuel Rivas María Reimóndez María Xosé Queizán Marcos Calveiro Miguel Anxo Fernán-Vello Miro Villar Periferia Qué leer Radio Fórum Rosalía de Castro Salma Toxosoutos Trifolium Víctor F. Freixanes Valentín Paz Andrade video Xerais Álbum ilustrado (27)
Arte (1)
Biografía (11)
Blogue (4)
Catálogo expositivo (4)
Celso Emilio Ferreiro (62)
Cine (2)
Convocatoria (17)
Crítica (11)
Crítica literaria (160)
Crónica (68)
Día das Letras (28)
Divulgación (37)
Docencia (1)
Efeméride (15)
Ensaio (68)
Entrevistas (21)
Exposición (2)
Faladoiro (1)
Fotografía (4)
Gastronomía (2)
guión (1)
Homenaxe (6)
Ilustración (1)
internet (3)
Libro lecer (2)
Literatura (9)
Literatura infantil (16)
Literatura xuvenil (9)
Música (4)
Narrativa (83)
Noticia (11)
Noticia literaria (9)
Novela (3)
Novela gráfica (3)
Novidades editoriais (12)
Opinión (38)
Poesía (86)
Premio (17)
Presentación (6)
Programa radiofónico (11)
Recursos didácticos (4)
Reedición (2)
Relatos (3)
Revista (13)
Romanceiro (1)
Sen clasificar (3)
Teatro (5)
Televisión (5)
Textos (3)
Tradución (31)
Valentín Paz Andrade (11)
Varios (19)
Video (41)
Video promocional (3)
Xornalismo (6)
WP Cumulus Flash tag cloud by Roy Tanck and Luke Morton requires Flash Player 9 or better.
Meta
Tag Archives: Trifolium
Viaxeiros por Galicia, de Xan Arias-Andreu Rodríguez
Viaxeiros por Galicia (tradución de Enrique Sánchez)
Trifolium, Oleiros, 286 páxinas, 21 €
Diarios, memorias, cartas, relatos… da man de viaxeiros que repararan na especificidade do noso territorio, na singularidade dos costumes propios, na xeografía, no patrimonio monumental ou na lingua de noso…, constituíndo todo o que conforma ou conformou o sentimento identitario, hóuboos desde a antigüidade e potenciáronse na Idade Media por mor, loxicamente, do Camiño de Santiago… Con todo, nunca resultaron de doado acceso e non foi ata hai ben pouco, mercé ao labor dalgúns selos editoriais e dalgúns investigadores e tradutores, cando comezaron a resultarnos familiares páxinas subscritas por autores como George Borrow, Federica Montseny, Anette Meakin, Aubrey G. Bell, Nina Epton, Josep Pla, Baltasar Merino, Luis Bello ou Ruth M. Anderson que, entre moitos outros, relataron os seus encontros coas xentes galegas, describiron as experiencias vividas entre nós, expostas con maior ou menor acerto desde a asunción de que non se trataban as súas de diseccións científicas senón de calas valorativas e impresivas.
Malia o referido non é difícil atopar nestes textos, de cando en vez, algún relampo analítico que galga por riba da gabanza paisaxística ou monumental, que sorprende ou move ao sorriso, mesmo que nos fai torcer o bico nalgúns casos nos que as aseveracións se alicerzan nunha visión superficial e efémera, que non vai ou non quere ir á análise de fondo que pode explicar a orixe de estampas cheas de pobreza ou de miseria.
Todo o dito suscítamo un ensaio de Xan Arias-Andreu, que ve a luz na editorial Trifolium de Oleiros que tan atraentes propostas vai deixando nos últimos tempos, baixo o título de Viaxeiros por Galicia. O libro enterra a súa orixe nunha serie de artigos publicados semanalmente no suplemento “Galicia” de La Voz de Galicia a mediados da década dos noventa que, tempo despois, coñecerían unha edición exenta, en castelán e en Ediciós do Castro. Agora aparece esta versión galega, que gaña moitos enteiros no tratamento estético e pon ao día, desde a perspectiva dun especialista, esa pregunta de “como nos viron?”
O propio editor advirte que non se puideron recoller todas as manifestacións sobre Galicia escritas por eses escritores-viaxeiros, de moi diversas nacionalidades e épocas, pero o certo é que o libro, sustentado pola visión que viaxeiros, fotógrafos, xornalistas, médicos, profesores, militares ou mesmo espías espallaron aquí e acolá, permite que un vaia reconstruíndo non só o paso destas persoas por Galicia, os seus encontros e desencontros, senón que posibilita asomarnos ás claves da nosa idiosincrasia, cando menos a que proxectamos por riba de épocas históricas e onde tamén hai espazo para que asomen curiosidades como a descrición dos supostos usos amatorios dos nosos devanceiros, a visión das polémicas entre as dúas cidades máis importantes ou pequenas alfaias como a descrición, hiperbreve, que Manuel Azaña fai en 1918 da cidade de Vigo: “Cara ao mundo, polo océano”.
Xan Arias-Andreu non asedia ao lector con profusión de datos, polo que nel se aprende moito e teño para min que encerra, en esencia, moitas páxinas que resultarían inspiradoras para suxestivos proxectos narrativos de ficción, tanto pola singularidade dalgún viaxeiro-escritor como polas curiosas experiencias que comparte. Un volume, en definitiva, que convida a sermos nós quen agora vexamos como nos viron.
Este texto, agás o derradeiro parágrafo, publicouse baixo o título de «E… ¿Como nos viron?», nas páxinas do suplemento «Culturas» de La Voz de Galicia, o 8 de outubro de 2011.
Sobre a lectura seguido de Días de lectura, de Marcel Proust
Sobre a lectura seguido de Días de lectura (tradución e limiar de Carlos Lema)
Editorial Trifolium, col. Musa pedestris, Oleiros, 182 páxs., 12 €
Hai xa algún tempo empregaba algúns fragmentos de Sobre a lectura, de Marcel Proust, que tiraba dunha antiga edición cubana, para iluminar algunhas reflexións que explicaban as razóns de peso para ler os clásicos, no seo duns saudosos encontros con cursillistas onde quen sempre máis aprendía era eu.
Desde agora aquela edición estará acompañada por estoutra, xa na nosa lingua, que chega da man da Editorial Trifolium, que non cesa de ofrecer sorpresas no panorama editorial pois así cómpre denominar esta iniciativa que posibilita o acceso a unha proposta clave e moi citada que reflexiona sobre a importancia da lectura, mais non só.
A tradución, coidada e fluída, chega da man de Carlos Lema, quen tamén se responsabiliza dun documentado e suxestivo limiar en que, alén de contextualizar estas pezas traducidas, abre numerosas vías de interpretación e asedio intelectual a estas propostas.
Non é doado salientar nunhas liñas o espírito global deste ensaio de Proust, por outra parte moi ben reflectido no limiar de Lema, mais alén do gozo que supón poder ler outra vez unha prosa dificilmente imitable e tan suxestiva, paréceme especialmente estimable o exercicio de evocación que realiza das súas primeiras lecturas, esas «amizades», na infancia e na adolescencia, dito nas súas palabras: «o que deixan en nós é sobre todo a imaxe dos lugares e dos días nos que as fixemos», para logo derivar en «recrear no seu espírito o acto psicolóxico orixinal chamado Lectura«.
Deixo aquí dúas notas sobre a lectura, que entendo de interese e que reflicten o espírito deste ensaio: «a lectura, ao contrario da conversa, consiste para cada un de nós en recibir comunicación doutro pensamento, mais sempre permanecendo en nós» e «a lectura é para nós a incitadora que coas súas chaves máxicas nos abre no fondal de nós mesmos a porta demoradas nas que non sabemos penetrar sós». Apunto, para concluír, estoutra sobre o exercicio da crítica: «… a sagacidade do xuíz, a perspicacia do crítico, demóstrase sobre todo con obras novas, aínda non postas a proba polo público. Xulgar a primeira vista, adiviñar, velaquí a facultade crítica (…)».
Libro, en fin, necesario para lectores e lectoras de todo tempo e lugar, imprescindible talvez para os que orientamos as nosas actividades cara a este eido.
Por que non son cristián, de Bertrand Russell
Bertrand Russell
Porque non son cristián (tradución de Mª Fe González)
Trifolium, col. Musa pedestris, Oleiros, 72 páxinas, 11 €
Ao meu ver, unha das coleccións máis interesantes nos últimos tempos, pola orixinalidade dos seus contidos, é a chamada «Musa pedestris» da Editorial Trifolium, que acolleu polo de agora propostas que contribúen á reflexión sobre o noso tempo da man de autores de prestixio como J. L. Aranguren, Felipe Alaiz, Noam Chomsky, Michel Foucault ou Paul Lafargue. Neste sentido engádese agora outra entrega de Bertrand Russell, que se suma á que xa viu a luz na serie homónima baixo o título de Eloxio da ociosidade.
O texto titulado Por que non son cristián, así pois, procede dunha conferencia que o filósofo impartiu o 6 de marzo de 1927 no consistorio de Battersea, baixo os auspicios da Sección do Sur de Londres da Sociedade Laica Nacional e nel, cunha linguaxe en absoluto críptica e recorrendo nalgunhas ocasións á distensión a través do uso da ironía, ofrécenos unhas reflexións de indubidable interese sobre o asunto central exposto no título, para o que afirma, en primeiro lugar, non ser cristián por non crer en Deus, por non crer na inmortalidade e mais porque «non penso que Cristo sexa nin o mellor nin o máis sabio dos seres humanos», malia concederlle «un elevado grao de virtude moral».
Desde estas premisas, Russell intérnanos a través de pequenos capítulos que flúen axilmente -no que resulta determinante o acaído da tradución- nesta cuestión do dogma cristián rebatendo argumentos, en ocasións con esmagadora rotundidade, sobre a existencia de Deus, arredor do carácter de Cristo, verbo dos problemas morais ou dos factores emocionais que determinan moitos posicionamentos ou conceptos, ofrecendo un monllo de reflexións que o conducen a concluír sobre a necesidade dunha «consideración sen temor» e mais «dunha intelixencia libre» propugnando, por extensión, unha postura non dogmática, aberta, positiva e que acredite tanto na liberdade do ser humano como na «esperanza no futuro».
Un libro, sen dúbida, cheo de intensidade, activo e belixerante, que cómpre coñecer.
Impresións dunha viaxe por Galicia en 1935, de Federica Montseny
Impresións dunha viaxe por Galicia en 1935
Trifolium, Oleiros, 84 pp., 14 € (tradución de Enrique Sánchez; limiar de Eliseo Fernández).
Ás crónicas das viaxes por Galicia da man de egrexios visitantes como Aubrey F. G. Bell, Silveira da Mota, George Borrow ou Luís Bello engádense estes días unhas memorias pouco coñecidas de Federica Montseny (1905-1994), quen foi a primeira ministra nun goberno da Europa Occidental (1936-37). Nelas relata, con vigor e destacada pulsión narrativa, as impresións paisaxísticas, sociolóxicas e políticas que suscitou un percorrido realizado por cidades e localidades como A Coruña, Betanzos, Cariño, Lugo, Ferrol ou Ourense no ano 1935. Unha ocasión que permite, desde a distancia que supón o tempo transcorrido, coñecernos mellor a nós mesmos.
Publicado baixo o título de «Federica Montseny por Galicia», nas páxinas de cultura de La Voz de Galicia, sección recomendacións, o 4 de marzo de 2011.
Novidades en Trifolium
A editorial Trifolium conta xa cun catálogo que cada día vai asentándose e gañando presenza no panorama das pequenas editoriais. Especializada, no que ás propostas en galego se refire, en ensaios -os máis deles ofrecidos en coidadas traducións- de asunto ou temática propia e, nos últimos tempos, en textos creativos en prosa, quer traducións quer orixinais escritos orixinalmente na nosa lingua, pon en circulación estes días tres novidades que non están, en absoluto, exentas de interese.
Na colección «Fume de leña», así pois, publícase Impresións dunha viaxe por Galicia en 1935, de Federica Montseny, en tradución de Enrique Sánchez e introducida polo historiador Eliseo Fernández. Unha meritoria e case afirmaría que sorprendente recuperación destes textos da políticia anarquista catalá que, orixinalmente, publicou por entregas en «La Revista Blanca» e que, alén doutros elementos de interese como son ese exercicio afortunado mediante o que espella o movemento libertario na Galicia de entón, deita unha ollada que se sitúa a cabalo entre a descrición paisaxística e aquela máis abeirada ao sociolóxico.
Por outro lado, a colección «Litterae» acolle, en primeiro lugar, Cabalos do demo e outros invertebrados, un conxunto de cinco relatos do escritor lucense Isidro Novo, o primeiro deles premiado no galardón Manuel Murguía no ano 1995 e os outros catro procedentes de diversos proxectos e encargos; en segundo lugar, ve a luz a tradución, a cargo de Mª Fe González, de Benquerido Diego, abrázate Quiela: un conxunto de marabillosas cartas recreadas por Elena Poniatowska que escribe Angelina Beloff, unha exiliada rusa, Diego Rivera, quen foi parella súa e a quen non puido seguir ao seu regreso a México.
Parabéns, pois, por estas tres propostas nas que, con máis vagar, cumprirá afondar.





