Tag Archives: video

Manuscrito e entrevista na televisión cubana CMQ (1954): Ernest Hemingway


Arriba primeira páxina de Adeus ás armas.  A continuación vídeo que recolle a entrevista realizada a Hemingway  polo xornalista Juan Manuel Martínez tras a concesión do Premio Nobel de Literatura en 1954.  A gravación realizouse no domicilio do escritor en Cuba, Finca Vigía, e nela exprésase en castelán.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Na categoría Entrevistas, Sen clasificar, Video | Coas etiquetas , , , , | Leave a comment

Manuscritos: Rosalía de Castro I (vídeo)

En abril de 2006, a persoa que daquela detentaba o cargo de presidente da Real Academia Galega, Xosé Ramón Barreiro Fernández, seleccionaba algúns dos fondos máis salientables  da biblioteca da Academia para culturagalega.org, quen gravou algúns deles. Traio aquí o que se corresponde a uns, emocionantes, inéditos de Rosalía de Castro (fonte Consello da Cultura Galega).

Chuzame! A Facebook A Twitter
Na categoría Manuscrito, Video | Coas etiquetas , , , , , | 1 Comentario

Nova York: 24 horas nun minuto (vídeo timelapse)

Gústanme estes vídeos-timelapse. Este percorre Nova York ao longo de vinte e catro horas, nun único minuto. Velaquí a cidade que, como se ve, nunca dorme [vía].

Chuzame! A Facebook A Twitter
Na categoría Divulgación, Video | Coas etiquetas , , | Leave a comment

Manuscrito e vídeo: Mark Twain

A figura literaria de Mark Twain goza, desde hai tempo, dun espazo predilecto nas miñas preferencias como lector, ademais hoxe en día dispoñemos de varios títulos seus vertidos ao galego, e algúns deles ben recentes.  Presento aquí hoxe o limiar manuscrito á súa novela The American Claimant (1892) [vía], protagonizada por un científico excéntrico e escrita en clave humorística. Engado primeiramente uns apuntamentos manuscritos do autor que barallaba para titular algunha das súas obras [vía]. Por último, pódese ver un vídeo, a meu entender, ben curioso: un ano antes do seu falecemento Thomas Edison gravoulle estas imaxes na súa casa de Redding (Connecticut), que constitúen o único filme coñecido, loxicamente mudo, no que aparece Mark Twain.  

Chuzame! A Facebook A Twitter
Na categoría Divulgación, Literatura, Manuscrito, Video | Coas etiquetas , , | Leave a comment

Oscar Wilde: audio de dúas estrofas de «A balada do cárcere de Reading»

Open Cultura recuperou unha gravación, realmente histórica, de dúas estrofas do coñecido poema «A balada do cárcere de Reading» de Oscar Wilde, no que o propio autor recita ese fragmento. O libro que, como é ben sabido, formula o primeiro alegato literario contra a pena de morte e a situación da vida nos cárceres, editouse en galego, por Laiovento, no ano 2003, en tradución de Amalia Salvado e Antón Lopo, con ilustracións de Xurxo Fernández.

      A audición, concretamente os últimos 45 segundos do vídeo, resulta moi deficiente pois procede de antes do ano 1900,  ano en que el morre. Tras a difícil percepción na declamación dos primeiros versos logo vaise oíndo con maior claridade. A meu ver resulta abondo para escoitar a súa voz,  recoñecer o seu acento e advertir as súas particulares inflexións.

Chuzame! A Facebook A Twitter
Na categoría Divulgación, Poesía, Video | Coas etiquetas , , , | Leave a comment