-
Lista de ligazóns (blogroll)
- A canción do náufrago
- A noite branca
- A sega
- Alvarellos Editora
- As crebas
- As escollas selectivas
- Asociación de Escritores en Lingua Galega
- Biblos
- Blog Centenario Francisco Fernández del Riego
- Blog de Agustín Fernández Paz
- Blog Galaxia
- Blog Kalandraka
- Blog Toxosoutos
- Blog Trifolium
- Blog Xerais
- Bouvard e Pécuchet
- Brétemas
- Cabaret Voltaire
- Cabrafanada
- Carta Xeométrica
- Ferradura en tránsito
- Fervenzas literarias
- Ler e ver
- O levantador de minas
- O porto dos escravos
- Trafegando ronseis
- Un ollo de vidro
- Web Celso Emilio Ferreiro
-
Álvaro Cunqueiro "Culturas" Agustín Fernández Paz Baldo Ramos Begoña Caamaño Biblos Celso Emilio Ferreiro Claudio Rodríguez Fer Consello da Cultura Galega Edicións Xerais Edicións Xerais de Galicia Editorial Galaxia Entrevista Espiral Maior Faktoría K de Libros Fran Alonso Francisco Castro Galaxia IES Valadares Iolanda Zúñiga Kalandraka Laiovento La Voz de Galicia La Voz en Espiral Letras Galegas Lois Pereiro Luís Ferreiro Manuel Bragado Manuel Rivas Manuscrito manuscritos María Reimóndez Marcos Calveiro Miro Villar Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro Poesía Qué leer Roberto Vidal Bolaño Rosalía de Castro Toxosoutos Trifolium TVG Valentín Paz Andrade video Xerais Adianto editorial (2)
Adianto reseña (1)
Álbum ilustrado (48)
Antoloxía (1)
Apuntamento (1)
Arte (3)
Artigo (6)
Banda deseñada (4)
Biografía (16)
Blogue (9)
Booktrailer (1)
Catálogo expositivo (5)
Celso Emilio Ferreiro (164)
Cine (6)
Club de Lectura (3)
Convocatoria (31)
Crítica (23)
Crítica literaria (291)
Crónica (79)
crowdfunding (1)
Curso (3)
Día das Letras (40)
Divulgación (189)
Docencia (2)
Documental (4)
Editorial (5)
Efeméride (23)
Ensaio (100)
Entrevistas (51)
Exposición (3)
Faladoiro (4)
Fotografía (7)
Gastronomía (2)
guión (1)
Historia (2)
Homenaxe (13)
Ilustración (2)
Inédito (1)
internet (4)
Lectura (5)
Libro ilustrado (6)
Libro lecer (3)
Lingua galega (1)
Literatura (21)
Literatura galega (26)
Literatura infantil (28)
Literatura xuvenil (16)
Manuscrito (106)
Música (15)
Narrativa (128)
Necrolóxica (1)
Noticia (24)
Noticia literaria (13)
Novela (13)
Novela gráfica (5)
Novidades editoriais (16)
Obituario (1)
Opinión (68)
Poesía (147)
Premio (43)
Presentación (23)
Programa radiofónico (13)
Promoción da lectura (4)
Recomendacións (1)
Recursos didácticos (8)
Reedición (2)
Relatos (7)
Reportaxe (1)
Revista (18)
Roberto Vidal Bolaño (2)
Romanceiro (1)
Sen clasificar (6)
Teatro (11)
Televisión (6)
Textos (3)
Tradución (42)
Unidade didáctica dixital (1)
Valentín Paz Andrade (12)
Varios (30)
Vendas (1)
Video (73)
Video promocional (3)
Xornalismo (9)
WP Cumulus Flash tag cloud by Roy Tanck and Luke Morton requires Flash Player 9 or better.
Meta
Tag Archives: Xosé Lastra
O meu primeiro Celso Emilio, de Xiana e Xosé Lastra
Xiana e Xosé Lastra (ed.) – María Manuela (ilustracións)
O meu primeiro Celso Emilio
Xerais, Vigo, 2012, 80 páxinas + cedé, 15 €
Ao fío do ano do centenario de Celso Emilio Ferreiro, malia que entendo esta como unha iniciativa de posible e feliz aplicación a outras voces poéticas do noso sistema literario, publícase este O meu primeiro Celso Emilio, un proxecto de autoría colectiva e concepción integradora que, baixo a perspectiva de difundir a figura e mais a obra poética do autor de Celanova, fai confluír música e poesía nunha mesma publicación.
Velaí como, quen a esta publicación se achegue, constatará, inicialmente, a presenza dun breve e completo percorrido polas claves biográficas, situada baixo a epígrafe “Así viviu”, que permite obter unha visión panorámica e ben informada dos socalcos vitais e literarios máis salientables de Celso Emilio, expostos sempre nun rexistro fluído e, por iso, especialmente acaído para xente nova á que se lle posibilita, deste xeito, internarse no universo vivencial do autor con garantías, sen esquecer unha sinxela e valiosa valoración da súa obra e mais unha bibliografía básica do autor.
O seguinte bloque da publicación, o máis substancial por outra parte, articúlase como unha escolma poética do autor d´A fronteira infinda, recollendo un total de vinte e oito composicións líricas, moi representativas por outra banda tanto das diferentes cordas temáticas –a intimista, a reivindicativa ou a irónico-sarcástica, sen esquecer algún poema de carácter máis circunstancial- que Celso Emilio Ferreiro tanxeu ao longo da súa obra coma dos desemellantes estilos polos que transitou. Oito dos poemas aquí recollidos, e que constitúen un complemento excepcional á publicación, foron, á súa vez, antologados para incorporarse a un cedé no que os versos de Celso Emilio cobran nova vida a través das voces familiares e magníficas voces de María Manuela –responsable, por certo, das ilustracións que se integran no volume-, Mini e Mero e mais Xiana Lastra, esta última para min todo un descubrimento pois exhibe uns fabulosos dotes para a interpretación musical.
Un máis que satisfactorio proxecto, a meu entender, que difunde atractivamente ese tesouro, ese patrimonio de todos que é a poesía de Celso Emilio Ferreiro. Parabéns, sen dúbida, aos responsables e a quen puideron facelo realidade.
«O meu primeiro Celso Emilio» from Seispés Producións Creativas on Vimeo.